Xeografias sensoriais

 
Transitamos entre aromas e cores, vilas e paraxes, vales, ladeiras, costers, socalcos, bancais e patamares, bosques, matos de flores, sotobosques, matorrais, á sombra dos frutais, a carón das leiras colleitadas, cos cereais recen segados, ao redor das bestas, co salitre na pel pisando as follas secas, envoltos na humidade das corredoiras, na neboa da mañanciña [...]

A rapariga da quinta

Co pensamento e o desexo
acerco-me á tua vila,
busco-che entre as viñas,
e logo de mirar o teu trabalhar
acaricio-che o cabelo coa brisa,
que escondida no bosque atravesa o teu lar,
sen medo levanto-che as saias, desabrocho os botons,
e ti , namentras , soñando,
entre azul e verde, entre sol e cepas.
Sei que cando camiñas descalza polo regato
sabes do meu [...]