O que sempre se presentou como unhas normas ríxidas, as veces con cheiro de dogma, e que ademáis a denominación empregada para explicalas, maridaxe, remitia ao que remitia, tense convertido nunha especie de simbiose que fala de ti a ti, de igual a igual ou parecido, semellante e tamén entre contrarios e opostos pero en [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
No Comments »
Estos dous viños están elaborados pola Compañia Liebaniega de Vinos y Licores que é unha das duas adegas que conforman a indicación dos Vinos de la Tierra de Liebana, que abarca unhas 45 hectáreas costituindo unha magnífica iniciativa para recuperar a paisaxe vitícola da bisbarra rescatando cepas e viñedos abandonados.
As características dos viños destos vales [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
No Comments »
O Leirana 2006 é a primeira añada da adega Forxas do Salnés (Meaño) que ademáis deste albariño ten outro co toque do carballo, o Leirana barrica tamén do 2006, en tintos elabora os Goliardos empregando variedades tradicionais da zona como o espadeiro, o caiño ou a loureira tinta.
Esta adega promete non so por estos exemplares [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Primeiros instantes de nariz clara e sutil cunha sucesión de aromas florais e frutais xunto a outros que nos remiten ás rochas, elegantes, polo tanto medidos, en perfecto orden, sen agolparse, entre os que circula nunha especie de slalon xigante as sensacions máis minerais, despois destos primeiros momentos o aumento da intensidade nestos primixenios aromas [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Sumerximonos e navegamos entre aromas e cores, aromas dunha profundidade e longura perceptivel como unha espiral de sensacions en continua evolución, pulsión multiplicada en cada contacto, momentos de inmersión agarimosa, envolvente, seda que tapiza o padal tecida nos balcons dos que asoman as quintas, por detrás de cada espolón escalado en bancais cara ó ceo, [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
No Comments »
En Santa Cruz de Arrabaldo está o Pazo Casanova e no Pazo a adega do mesmo nome coas 12 h. de viñedo o seu redor, ao estilo galego dos chateaux franceses, coas cepas de treixadura, godello, loureira e albariño das que surden dous viños brancos: o Pazo Casanova e o Pazo Casanova Máxima, este nun [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
O Condado tense convertido no contrapunto perfecto do Salnés, semella que deixando un chisco máis retrasado ó Rosal, gracias a adegas con viños dun grande atractivo e calidade entre os que destacan pola súa personalidade e carácter diferenciado os que elabora a adega Lusco do Miño, na actualidade asociada á berciana Dominio dos Tares, no [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
O colleiteiro Luis Anxo Rodríguez, Luis de Arnoia como o coñeciamos, agora Luis do Ribeiro porque desde hai uns meses é o novo presidente do Consello regulador da D.O. Ribeiro, Luis Anxo ten as suas duas hectáreas de viñedo fracturadas en forma de pequenas parcelas dende as beiras do rio Arnoia, as máis novas, perto [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Perdo-me mais unha ves
entre aromas,
brisas agarimosas
e cores da máis nítida lus
As montanhas dos meus sonhos
abren o sol detrás destas dunas ondulantes
deica o verde transparente do horizonte marinho.
Notas sostidas no ar
que o vento traslada con suavidade
atravesando estes lares do meio oriente.
O eco musical permanece no tempo o meu redor.
Pola beira da costa vou sem perder o [...]
Filed under: poema by viticologo
No Comments »
A cata de viños é a práctica da prova do viño que tamén se coñece coma:
Degustación – Análise sensorial – Análise organoléptico
A Evaluación sensorial é a disciplina que empregamos para evocar, medir, analizar e interpretar as reaccions humans cara aquelas características do viño que son percibidas o través dos sentidos: oído, vista, olfacto, gusto e [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
1 Comment »
Muitas veces soñamos un camiño nos viños de Rias Baixas enfocado cara un elenco de viños con esta carga frutal, profundos, frescos pero lonxevos, que reflexaran un atlántico aromático e vibrante, como mascarón de proa dunha zona vitivinícola auténtico reflexo dun clima e unhas variedades irreproduciveis noutros viñedos do mundo, garantía de sabores, aromas e [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Nas alturas deste Pais, coas Trevincas asomando as suas crestas detrás da torre de O Bolo polo mencer e Manzaneda cara ó solpor, atopanse viñedos milenarios de cepas penduradas en ladeiras que caen, coma escondendose dos altos cumes, ao abrigo húmido do Bibei no val da Falcoeira, ao carón da agreste espiritualidade do santuario das [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »
Este viño forma parte do proxecto persoal de Sandra Tavarés, que tamén elabora na Quinta do Vale Dona Maria de Cristiano Van Zeller en Cima Corgo e na familiar Quinta da Chocapalha na Aldeia GALEGA da Merceana en Alenquer (Extremadura), xunto ao seu compañeiro Jorge Serodio Borges, que se chama Wine & Soul, desde o [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »
Escolma do 2007
Que solpresa¡ … despois duns segundos noqueados polo seu impacto deixamonos guiar, os ansiosos de encher o espirito, polos seus aromas, as sensacions das que surde a emoción, que con fluidez vainos evocando primeiro as manifestacions do carácter mineral, coma un frotar de pedras … silex, cun lixeiro fondo de caucho, salpicado [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »
O exemplo máis evidente da esperanza nos viños de Monterrei son os que o viticultor Xosé Luis Mateo elabora na sua adega Quinta da Muradella, situada en Verín co seu viñedo dividido en varias parcelas en Pazos de Monterrei e Tamaguelos, con diferentes orientacions e solos pero sempre cunha viticultura respectuosa coa terriña e coa [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »