Quinta da Muradella
O exemplo máis evidente da esperanza nos viños de Monterrei son os que o viticultor Xosé Luis Mateo elabora na sua adega Quinta da Muradella, situada en Verín co seu viñedo dividido en varias parcelas en Pazos de Monterrei e Tamaguelos, con diferentes orientacions e solos pero sempre cunha viticultura respectuosa coa terriña e coa vide, facendo un labor digno de recoñecemento na recuperación de variedades esquecidas ou a piques de desaparecer. Xose Luis Mateo representa o respecto ás variedades e ao seu terroir xunguido a unha gran cultura e lucidez vitivinícola limpa de prexuizos e sobre todo de intereses que non sexan os da autenticidade e a fidelidade ao que reflexa e pode chegar a reflexar unha terra e as suas castes, nun mundo este o vitivinícola asulagado de intereses e apariencias convertidas en certeza Mateo é un viticultor que escapa a todo este circo cunha humildade e unha honradez que reconforta tanto como a sua conversación e os seus viños.
Conta co asesoramento do berciano Raúl Perez, toda unha garantia de creatividade, xa sabemos: Tilenus, Algueira, Forxas do Salnés (Leiranas e Goliardos) e os seus propios de Castro Ventosa, elaborando e experimentando coas suas variedades e fincas diferentes tipos de vinificacions e crianzas, cunha gama de viños extensa pero de curtas tiradas: Alandas, Gorvias, Trabes, etc.
ALANDA 2005
Xosé L. Máteo deixa en cada un dos seus viños a pegada dun viticultor cun respecto caseque relixioso pola expresión da terriña, do seu clima, e das súas variedades, neste Alanda tinto o bastardo, a mencia e a tinta fina.
Solprendente. Se nos asomamos ó seu bulir aromático viaxamos cara o mediterráneo, cálido e envolvente trasladanos dun brinco ó Douro e dalí ate o Priorat, con aromas intensos e densos de ameixa, especias, mato aromático e matices cremosos.
Cando o que asoma en nos é o seu corpo, de presencia elegante e agarimosa, faino acompañado dun gusto equilibrado e vibrante que nos leva cara o atlántico, demostrando o carácter dos viños atlánticos, fresco e saboroso, con taninos que se funden e tonos licorosos na súa longa permanencia en boca e no recordo
Filed under: Sen clasificar by viticologo
Leave a Reply