ZARATE TRASDAVIÑA 2004

     Escolma do 2007

Que solpresa¡ … despois duns segundos noqueados polo seu impacto deixamonos guiar, os ansiosos de encher o espirito, polos seus aromas, as sensacions das que surde a emoción, que con fluidez vainos evocando primeiro as manifestacions do carácter mineral, coma un frotar de pedras … silex, cun lixeiro fondo de caucho,  salpicado por unhas sensacions doces … brioche.

Perguntamonos que máis poderia aportar un viño branco galego, neste caso un albariño das rias máis baixas, a estos aromas que definen nos grandes viños do mundo o seu terroir? Claro, o Atlántico, que aparece escondido detrás do terruño enchendo o nariz de aires mariños… algas e un fondo salino.

A boca tamén sobrardea de intensidade mineral, equilibrio contrapunteado polos tonos cítricos e de feno.

Entra  coma Suzanne, profundo e íntimo, siguenlle momentos de sensualidade e remata nun sosegado mais definitivo Hallelujah.

Enchido o espirito, valeirada a copa, cos últimos acordes do Hallelujah no fundo, asomeime, xa co sol atenuando as cores no seu marchar, ao balcón do penedo, enriba das leiras e a beira do mar a brisa mariña refrescaba o calor do dia acumulado no chan…TRASDAVIÑA

Para gravar na memoria, reservar un casilleiro na adega,  ou engadir á lista de músicas, libros, amantes… que nunca esqueceremos, ainda que nolo propoñamos.

Eulogio Pomares, o seu guia, que desde o ano 1999 dirixe as viñas e a elaboración desta empresa familiar ligada ao Pazo Zárate, coñece a sua viña e como elaborar un albariño de raiz, con vocación de chegar máis alá, pero sobor de todo coas pinceladas da autenticidade, do orixinal por manifestar a sua personalidade sen disfraces nen poses estudiadas.

As pinceladas falan dunha viña pequerrecha de solo granítico no lugar da Bouza en Padrenda (Meaño), de 30 meses en depósito coas suas lías para 5.800 botellas, das que unha parte, sería o desexabel, esperará o paso do tempo e  evolucionará, estamos seguros que de xeito grandioso, na adega, resistindo a presión do mercado.

                               

Leave a Reply