PINTAS 2005 Wine & Soul

Este viño forma parte do proxecto persoal  de Sandra Tavarés, que tamén elabora na Quinta do Vale Dona Maria de Cristiano Van Zeller en Cima Corgo e na familiar Quinta da Chocapalha na Aldeia GALEGA da Merceana en Alenquer (Extremadura), xunto ao seu compañeiro Jorge Serodio Borges, que se chama Wine & Soul, desde o que elaboran un vintage e dous viños coa vocación da excelencia: o tinto Pintas e o branco Guru.

Pequeno viñedo vello no Vale de Mendiz cun sen fin, quen lle dera a outros, de cepas traicionáis misturadas, viñas clásicas do vintage para este grande viño, elboración meticulosa, como corresponde a un viño de garaxe, e a maiores todo o marketing que rodea ao boom dos Douro Boys (neste caso unha evidencia de girl) do que non so lle sacan partido á sona mundial que acadaron, sobre todo no mundoviño anglosaxón, os seus membros/as, Sandra unha delas,  senon que repercute en todos os viños secos do Douro, polo tanto… todos contentos?

Nariz de gran complexidade e vitalidade cos aromas dos froitos vermellos e negros maduros, as ervas aromáticas, o matorral balsámico e o fondo mineral característico do Douro, entre todos eles como un envoltorio os aromas da madeira.

Na boca mostrase goloso, saboroso, intenso pero sen abandonar nunca o paso elengante.

Longuísimo final coas notas da fruita vermella, o regaliz e o chocolate a durar no tempo.

pintas.jpgpintas_vineyard2.jpg

Leave a Reply