O Val do Bibei en O Bolo

Nas alturas deste Pais, coas Trevincas asomando as suas crestas detrás da torre de O Bolo polo mencer e Manzaneda cara ó solpor, atopanse viñedos milenarios de cepas penduradas en ladeiras que caen, coma escondendose dos altos cumes, ao abrigo húmido do Bibei no val da Falcoeira, ao carón da agreste espiritualidade do santuario das Ermitas, que coma unha rocha máis remata o espolón que cae sobre o Bibei desde Santa Cruz, eiqui, máis que en nengun outro lugar, os monxes tuverono doado, todo se carga de pura enerxía telúrica.

De todo este contorno máxico e coma privilexiado espectador do paso das estacions, das estrelas, da lua e do mediodia por este microcosmos que traza o Bibei no seu camiño cara ás ribeiras máis sacras, de feito a outra beira do rio xa o é, asoma unha cuncha coma un auténtico anfiteatro natural onde unha viña se asenta sobre o solo granítico, un pracer para o espíritu menos sacro pero máis humano e natural, alí as cepas recollen cada raio de luz que o sol regala durante todo o dia a estas terras frescas desde que se anuncia timidamente por enriba do Trevinca sul ate que se despide por detrás de Cabeza de Manzaneda

Cando á actividade montañeira xunguin a devoción pola viticultura saltaronme as chispas nestas terras, diante miña estaba a concentración dos factores que definen aos viños que van Máis Alá: centro espiritual, que coma todos estos espacios relixiosos están cargados dunha enerxía e dun magnetismo especial que sen dúbida se transmite ao viño e del ao espirito, viñedo de tradición que se perde nos tempos, castes nobres e autoctónas coma é o Godello, solos dunha  impronta característica, o microclima especial que marca o Bibei, a altura e a orientación.
Muitas noites soñei con estas cepas e co viño que nos encheria os sentidos e o espirito e que nalgunha colleita especial nos levaría Máis Alá.
Cando tentei algo serio na zona xa levaba uns meses por alí Rafael Palacios, irmán de Alvaro Palacios e tio de Titin. En fin Rafa Palacios cunha viticultura mui seria, de calidade e respectuosa coa zona, e unha elaboración filoborgoñona, con todo o que elo significa cando se fala de viños brancos, nos presenta dous viños nos que a elegancia e a sutileza cargadas de complexidade son as suas características fundamentáis, que non é nada ¡  

“LOURO do Bolo´´ e “AS SORTES do Val do Bibei´´. Nomes galegos para viños galegos dun rioxano que se integrou na cultura do lugar, co máximo respecto ás xentes, á sua historia e á sua lingua, algo mui complicado para outros máis achegados.


LOURO DO BOLO 2005

louro-do-bolo.jpg

Amarelo verdoso brillante con aromas limpos e nítidos dunha riqueza de matices que van dos aromas anisados, o feno e os aromas florais á froita escarchada, neste 2005 con matices melosos que recordan ao caramelo.

En boca manifestase cun frescor oposto ao que o sol marca noutras latitudes, as veces máis preto do que parece, mostrando xunto ás sesancions graxas un frescor mui agradable e un final dun amargor que remata por equilibrar o conxunto.

Leave a Reply