DO FERREIRO cepas vellas 2005

Muitas veces soñamos un camiño nos viños de Rias Baixas enfocado cara un elenco de viños con esta carga frutal, profundos, frescos pero lonxevos, que reflexaran un atlántico aromático e vibrante, como mascarón de proa dunha zona vitivinícola auténtico reflexo dun clima e unhas variedades irreproduciveis noutros viñedos do mundo, garantía de sabores, aromas e texturas, da conxunción dunhas castes co seu territorio.
Do ferreiro estaria na punta da proa enfilando a nave, espallando aos catro puntos cardinaes estas sensacions que enchen e satisfacen os sentidos, o espirito e a memoria.

Deslizarse neste branco con reflexos alimonados é asulagarse nos seus aromas intensos e nítidos de fruita no seu cenit de maduración acompañada de mel e sensacions balsámicas, é afundirse nunha acidez radiante adornada cun tacto graso e goloso nun final longo de fruita concentrada.

Leave a Reply