Catedrais do Trango

Perdo-me mais unha ves
entre aromas,
brisas agarimosas
e cores da máis nítida lus

As montanhas dos meus sonhos
abren o sol detrás destas dunas ondulantes
deica o verde transparente do horizonte marinho.

Notas sostidas no ar
que o vento traslada con suavidade
atravesando estes lares do meio oriente.
O eco musical permanece no tempo o meu redor.

Pola beira da costa vou sem perder o solpor,
matinando nos caminhos que nos leven máis alá.

Fun,
na monteira mais lenta do clan,
polas chairas de agarimo permanente
cruzando o sulco da longa viaxe glaciar do Baltoro.

Aquel tempo abriu entre as nubes unha fenda,
no rosto un sorriso medrou,
daquela iluminaron-se todos os desexos
a claridade sem fim
tam extensa coma os sonhos.

One ResponseCatedrais do Trango to “”

  1. As montañas dos meus soños……
    abren o sol detrás destas dunas ondulantes
    deica o verde transparente do horizonte mariño……

    Pola beira da costa vou sen perder o solpor……
    matinando nos camiños que nos leven máis alá…..

    Aquel tempo abriu entre as nubes unha fenda
    no rostro un sorriso medrou
    daquela ilumináronse todos os desexos……
    a claridade sen fin
    tan extensa coma os soños……