Luis Anxo de Arnoia
O colleiteiro Luis Anxo Rodríguez, Luis de Arnoia como o coñeciamos, agora Luis do Ribeiro porque desde hai uns meses é o novo presidente do Consello regulador da D.O. Ribeiro, Luis Anxo ten as suas duas hectáreas de viñedo fracturadas en forma de pequenas parcelas dende as beiras do rio Arnoia, as máis novas, perto do balneario, ate as ladeiras abalconadas por enriba da vila, como foi nun principio o cultivo da vide no Ribeiro, nelas cultiva o abano de castes brancas e tintas autóctonas do Ribeiro.
Luis é un home coidadoso, incluso escrupuloso, ate os mínimos detalles, dende as clases de cata que imparte por todo o pais ate o coidado da viña e a elaboración do viño, seino ben porque os primeiros coñecementos que tuven sobre viticultura e enoloxia foron gracias a el, hai xa doce anos, tamén estuven uns meses sudando entre as suas cepas.
A TORNA DOS PASÁS 2005.
De reducida producción este tinto debe ser o reflexo do que no seu tempo eran os viños tintos do Ribeiro, ou sexa aromas de baias vermellas con notas balsámicas e certos matices de tinta china nunha boca que destaca pola sua agradecida acidez nun corpo de mediana estructura, todo envolto por unha cor granate mui cuberta.
Cunha graduación de 12´5º A torna dos pasás emprega as castes maís tradicionais na elaboración dos tintos que deran renome a bisbarra: Brancellao, Ferrol e Caiño
VIÑA DE MARTIN. Os Pasás. 2005.
Amarelo palla con brillantes reflexos dourados, ten un nariz sutil e elegante de fruitas brancas de oso e de flores, brancas tamén, cun fondo amelado.
Ten unha boca saborosa que vai enchendo no seu paso de sensacions glicéricas e graxas deixando un final gustoso con notas amoscateladas e de fruita madura, mui persistente.
A sua graduación é de 12º e esta elaborado coa predominante treixadura e a aportación do albariño, o torrontés e o lado, esta última orixinaria desta zona do Ribeiro.
Filed under: viños by viticologo
Leave a Reply