Pazo Piñeiro 2005

O Condado tense convertido no contrapunto perfecto do Salnés, semella que deixando un chisco máis retrasado ó Rosal, gracias a adegas con viños dun grande atractivo e calidade entre os que destacan pola súa personalidade e carácter diferenciado os que elabora a adega Lusco do Miño, na actualidade asociada á berciana Dominio dos Tares, no Pazo Piñeiro  situado en Grixo-Alxén, concello de Salvaterra do Miño.

 

Aromas que nos suxiren o chan que soporta o tronco da cepa e no que se afunden as suas raigames, un punto mineral que sutilmente nos traslada ó lar, máis adiante os aromas da trufa branca e algún recordo a cogumelos acompañados de tonos lácticos afianzan o seu carácter no nariz, despois dun anaco, como se unha pequena brisa se levantara de súpeto, os tonos balsámicos nos refrescan.

En boca resulta como unha ecuación perfecta, un equilibrio que impresiona, elegante, fresco e mineral cun resultado final de sensacions plenas.

pazo-pineiro-2005.jpg

Os comentarios están pechados.