Pazo Casanova Máxima 2006

En Santa Cruz de Arrabaldo está o Pazo Casanova e no Pazo a adega do mesmo nome coas 12 h. de viñedo o seu redor, ao estilo galego dos chateaux franceses, coas cepas de treixadura, godello, loureira e albariño das que surden dous viños brancos: o Pazo Casanova e o Pazo Casanova Máxima, este nun 80% treixadura e un 20% albariño, e dos bagazos obtidos na elaboración destes viños o que surden son dous augardentes, un branco e outro de herbas, como manda a tradición, e un impresionante licor café, non recordo ter probado outro deste nivel, se os franceses fixeran un licor café tería a mesma elegancia do licor café de Pazo Casanova, con esta saturación de equilibrios, no que todo o que ten que aparecer aparece na súa xusta medida, con elegancia, como comparar un cava cun champagne ou un brandy cun cognac.

Pero do que iba a falar era do Pazo Casanova Máxima que seguindo coa teima francesa non seria un Ribeiro a la modé, senón máis ben o que ten é un corte novo mundo gracias a un nariz extremadamente xeneroso que vai ofrecendo con intensidade, primeiro os aromas frutais repartidos entre a froita madura e a escarchada, máis logo os aromas nítidos de flores brancas e xa no fondo un sutil toque, este si máis francés, de pastelaria fina. En boca entra suave, incluso delicado, pero que aos poucos vai enchendo a boca deixando unha sensación frutal moi saborosa.

casanovamaxima.jpg

Os comentarios están pechados.