VINTAGE

Sumerximonos e navegamos entre aromas e cores, aromas dunha profundidade e longura perceptivel como unha espiral de sensacions en continua evolución, pulsión multiplicada en cada contacto, momentos de inmersión agarimosa, envolvente, seda que tapiza o padal tecida nos balcons dos que asoman as quintas, por detrás de cada espolón escalado en bancais cara ó ceo, santuarios de culto ás viñas antigas e tradicionais, á santidade das tourigas e tintas de diferentes apelidos, que o Douro cos seus Côa, Tua, Torto, Pinhao modela.

Cando falamos de Vintage mentamos e saboreamos a excelencia, a potencia aterciopelada dunha xuventude atemperada polo alcohol, a dozura e a evolución da froita, o mato de herbas aromáticas, as especias, o xisto, o cacao e o fondo subtil dos tostados da madeira; na boca a sensación é de plenitude… coma mastigar a elegancia

Forza-xuventude-lonxevidade, ecuación dun vintage en tres palabras.

Nos Tawny dominan as notas de oxidación que a longa estancia nos cascos de madeira proporciona, os fruitos secos tostados, as flores secas, os vernices, o caramelo, o café ou os tonos iodados. A longa vida destes viños na madeira ten virado a cor  do rubí cara os tonos aloirados vermellos, que no caso de mostrar reflexos reverdeados nos estarian a dicir que a media dos viños que o compoñen supera os 30 anos.

Na boca son densos, voluminosos, dunha potencia que máis que golpear acaricia

Viños de pausa, devagar, para tomar con respeito e sen resistirnos á segura tentación de seguir cunha copa despois da anterior e asi ate que os soños se tornen posibeis e o futuro máis próximo.

Caixanova posue un interesantisimo museo do viño en Gaia, nos locais renovados da Calém, aos que lle ten engadido, por medio da sociedade Sogevinus as casas elaboradoras Burmester, Gilberts e a Barros & Almeida que incluia a Koptke, en cifras ven significando o 12 % do viño do Porto.

Temos provado no seu centro de Gaia auténticas xoias que estas adegas atesouraban por separado nos seus locais e que agora desfrutamos nunha única velada.

Comenzamos por algo especial e único, un Porto branco de 40 anos da Koptke dunha viveza e complexidade impresionantes, sucederonlle, pero sempre mantendo ó carón esta primeira copa que non nos abandonaria ate a cea posterior, os vintages, un 2003 da Calem e un 2000 de Barros, foron logo aparecendo en escea os colheitas de 20, 30, 40 e 50 anos de Burmester, o relatorio das percepcions acumuladas misturadas coa vista da Foz do Douro e a parte vella de Porto forman parte xa do recordo.

O dia seguinte, na acolledora residencia estilo colonial inglés que os Symintong posuen a carón da Quinta do Bomfim en Pinhao, probamos acompañando á cociña tradicional transmontana do alto douro nunha entrañabel velada un reserva da Quinta de Roriz, quinta propiedade dos Symintong que se atopa un par de curvas rio arriba de Pinhao dunha gran beleza e situada nun balcón sobre o Douro,  e dous vintage excepcionales: un Graham´s de 1970 e o Dow´s de 1980.

A memoria almacena e archiva todas as sensacions, as veces non identificadas, que os nosos sentidos reciben pero tamén ficamos impregnados da hospitalidade e do conforto que estas terras e as suas xentes dan.

Pasarán os dias e ainda fluiremos entre os reflexos do rio e as cores dos laranxos, os mellores de Portugal segundo os durienses, as oliveiras que antano desfrutabamos en Galiza, os amendoeiros a piques de florecer nun cálido branco que contrasta co brillo case metálico do xisto despois da chuva, apreciabel a distanza pola nudez das cepas recen podadas, e as pinceladas amarelas das mimosas á beira do rio.

Hai un ano inundámonos de todo o que o Douro atravesa no seu camiño cara o atlántico, alá na Foz rio e viño rematan a sua simbiose e comenzan outras viaxes, un para descansar no océano e outro para poder formar parte da memoria dos sus devotos.

Celebramos está data cun vintage Brunheda do 2005 que non se comercializa, xa que tradicionalmente esta adega vende parte dos seus viños a Taylor´s, é polo tanto unha amostra de casco embotellada da Sociedade Agrícola e Comercial dos Vinhos do Vale da Corça que está situada en Carrazeda de Ansiaes, no vale do rio Tua, e elabora os vinhos: Brunheda e  Encostas do Tua. Gracias ao amigo Joao da vinhoteca “Aromas do vinho´´ situada na fortaleza de Valença do Minho.

En poucas palabras este vintage é un cabalo salvaxe, cunha potencia incontida que lle proporcionará unha longuisima vida.

Antes de que pase un ano seguro que voltamos, estar a un par de centos de km deste patrimonio da humanidade é un luxo.

douro-3.wmv

2 ResponsesVINTAGE to “”

  1. olá, possuis um blogue muito bom, gostei de o ler, e novamente aqui estou pois como estamos na altura do natal Bom Natal, e que para 2011 venham muitas postagens para todos os blogues, são estes os votos de alegria dos webmasters!
    Feliz Natal e um fantástico ano novo

  2. Tudo bem venho mais uma vez neste blogue amigo, para retribuir a visita dada…….
    Sou o André,amo blogues , dedico imenso do meu tempo a melhorar o meu web site também a editar legendas para imenos fóruns,se calhar assistiram algum filme com legendas minhas!
    E por enquanto é tudo, pois trabalho por turnos e e vou dormir um pouco.
    Fiquem bem………….