Lokal silex 2004

Primeiros instantes de nariz clara e sutil cunha sucesión de aromas florais e frutais xunto a outros que nos remiten ás rochas, elegantes, polo tanto medidos, en perfecto orden, sen agolparse, entre os que circula nunha especie de slalon xigante as sensacions máis minerais, despois destos primeiros momentos o aumento da  intensidade nestos primixenios aromas resalta a nitidez do floral que nos remitiria á touriga nacional e da fruita madura que falaria do alfrocheiro, todo isto acontece cun telón de fondo picota de encuadre morado.

Unha boca con peso e longura, dunha claridade atlántica, unha especie de frescor que chama a outro grolo, contrarestada por un tanino firme máis no camiño do terciopelo. Un fino amargor final dalle outro toque máis de distinción.

 

Por temporadas pasamonos un tempo inundados de modas importadas que nos falan de somontanos, jumillas, yeclas, campos de Borja, Méntridas e Manchas varias, é coñecida a lei non escrita que nos fai caer unha vez trala outra no Rioja, e sen embargo descoñecemos o máis próximo, chamese Ribeira Sacra, Monterrei ou estos viños portugueses.

Filipa elabora este viño Dao, o Lokal silex de Touriga Nacional e Alfrocheiro preto, e un viño Bairrada, o Lokal calcário de Baga, uva emblemática desta denominación portuguesa

Filipa é filla do productor bairradino Luis Pato, unha especie de icono desta zona e de todo o Portugal vitivinícola. E dificil non pensar na Sara Perez filla do Josep Lluis Perez prioratino, viños que apelan tamén ao pedazo de chan-terriña-solo-subsolo e d`ahí máis alá, que nos remiten ao sabor de antano das suas denominacions pasado por unha elaboración de muito mimo.

Ao viticologo dos bagos o que lle gustaria nestos momentos é ser bago de uva en mans deste calibre, viaxar nunha pinga tintada en copos abaneados por mans deste calibre, ser pinga despois de bago a recorrer espazos profundos e arribar en neuronas de mentes claras deste calibre.     
www.filipapato.net

lokal.jpg

One ResponseLokal silex 2004 to “”

  1. […] das Bageiras), Luis Pato, o Palacio de Bussaco, Sidonio de Sousa, Kompassus, François Chasan, Filipa Pato e o mediático e productor de viños en varias zonas do mundo Dirk […]