Forxas do Salnés

O Leirana 2006 é a primeira añada da adega Forxas do Salnés (Meaño) que ademáis deste albariño ten outro co toque do carballo, o Leirana barrica tamén do 2006, en tintos elabora os Goliardos empregando variedades tradicionais da zona como o espadeiro, o caiño ou a loureira tinta.
Esta adega promete non so por estos exemplares que marcan o seu comenzo senón tamén polo gran traballo na viña e na adega que demostran. Todo esto cheira a curiosidade, creatividade, imaxinación… un dia tocará falar máis a miudo de Raúl Perez.

 

LEIRANA 2006

 Os seus aromas transitan entre a frescura dos herbáceos máis silvestres, os cítricos como o pomelo, os frutais un punto maduros, a camomila e un fondo mineral que da como resultado un nariz intenso,  mui expresivo e de gran sensibilidade.

O gusto é amplo, saboroso e fresco, polo tanto as sensacións que nos aporta o seu paso de boca son intensas, longas e vibrantes cun postgusto que  envolve.

 

GOLIARDO Loureira tinta 2005

Tinto de coroa brillante amoratada ao redor dunha cor vermella picota intensa.
Viño que mostra uns arrecendos interesantisimos, tremendamente atractivos, incluso curiosos, de moras, caramelo de café con leite, betume, casca macerada e un punto de nectarina que logo na boca desaparecen dando paso a outro viño completamente diferente, “dous en un´´, aparecendo un viño atlántico coas suas características máis evidentes como son a viva acidez e un final fresco e vibrante que con seguridade mellorará despois dun tempo en botella, para momento de mellora espero estar preto dalgun  Goliardo,  non me gustaria perder as solpresas que  seguro  ten  gardadas.

Si!! fresco e vibrante non pastoso, alcohólico e pulido por un sol impenitente que para cando se rematen as exposicions norte ou non haxa máis altura á que subir e o cambio climático sexa un recordo asentado pois  haber que facemos.

Os novos apreciadores ao descubrimento de viños ou sensacions que chegan aos viños tintos galegos despois de viver instalados viticolamente a 800 km, cando menos, e atopan na terriña un tinto, si!! un tinto!!, entonces despois dun primeiro grolo, dos aromas xa pasan: son i-n-i-n-t-e-l-i-x-i-b-e-i-s, despois do primeiro grolo concluen para os seus adentros, os máis educados, os pedantes xa disparan pola boca nada máis esta se libera do contacto con ese zume fermentado de uvas castrexas ou sexa bárbaras, e concluen que os viños tintos galegos… pois non,

non que!! ,
pois que non saben coma o Rioja,

claro! tampouco sabe como un rioja un Hermitage ou un Brunello,
vale tampouco son como os máis mediáticos somontanos e compaña ou como os “me pone un Riberita´´,  nen sequera se parecen a un Bierzo,

Bierzo?, xa estan aquí, aos poucos vanse acercando, a modo.

Os comentarios están pechados.