Vinos de la Tierra de Liebana

Estos dous viños están elaborados pola Compañia Liebaniega de Vinos y Licores que é unha das duas adegas que conforman a indicación dos Vinos de la Tierra de Liebana, que abarca unhas 45 hectáreas costituindo unha magnífica iniciativa para recuperar a paisaxe vitícola da bisbarra rescatando cepas e viñedos abandonados.

As características dos viños destos vales están definidas polo mesoclima que determinan as moles calizas dos Picos de Europa, que garanten a protección frente ó húmido Cantábrico, este ambiente maxestuoso imposto por estas montañas permite unha maduración axeitada de todos os compostos da uva non so do azucre, este ano pasado chegaron aos 13º, xunguido a uns solos de arxila e xisto e unhas cepas autóctonas de mencia cunha media de 80 anos, aventuran un magnífico futuro por diante.

Esta bisbarra xa era coñecida, ademáis de polo queixo Picón, pola elaboración de orujos de todo tipo que xunto o resto dos productos dos seus vales inundan as entrañabeis e bulliciosas, sobre todo no verán, ruas de Potes. Para nos, montañeiros galegos que acudiamos á/ás citas anuais cos cumios destos Picos, sempre foi unha axuda nos duros dias de precariedade gastronómica e inclemencias varias pasados no medio de paredes, agullas, jous, pedreiros e os aromas da caliza concentrada, matinar no aroma fresco da manzá recen escanciada que nos beberiamos na parada obrigatoria antes da volta á casa e ainda coa mistura de cheiros no corpo, parada que faciamos cada vegada máis prolongada e onde rescatabamos e reviviamos as sensacions pasadas e que despois de varias botellas de sidrina no corpo deshidratado servianos para programar obxectivos máis arriscados.

Os viños da Compañia Liebaniega son tres tintos  e un doce. O máis xoven dos tintos é este Picos, feito maioritariamente de mencia e o aporte da tinta madrid (tempranillo) e a garnacha, hai outro con catro meses de barrica e un terceiro cunha crianza máis prolongada e das cepas máis vellas que ainda agarda na adega, único viño con crianza de Cantabria que conta a maiores con outra indicación de viños da terra, os da costa. O viño doce está elaborado con gewurztraminer, sauvignon blanc e palomino.

Están elaborados polos enólogos catalans Pere Escudé , que elabora tamén no Priorat, en Montsant e no Somontano, e Sumpta Mateos. 

PICOS 2006

Viño de vista limpa e brillante coma un regato dos altos cumes de Picos de Europa que protexen este val, cunha cor grana de centro rubí case deslumbrante. Co nariz sobrevoamos unha pradeira alpina no verán, cando está máis seca, envoltos nun aire mineral que nos leva ó carón dos matos de froitos silvestres no seu cénit de maduración.

Boca fresca, moi fresca, vibrante, de ambiente citrino, leve corpo con sensacións de lila e azafrán e un final cálido de ameixas no postgusto.

HIELU de Picos

Ouro vello, portugués?, ten o nariz que esperamos cando o acercamos a un viño que xa denantes de sacar a rolla nos fai alguns chiscos de ollo do tipo: botella de 50 cl., 11º e sobre todos eles o nome Hielu na etiqueta que nos remite directamente á dozura equilibrada dos Icewine – Eiswine. E por ahí circulan os seus aromas, cecais nunha versión máis rústica que non di outra cousa que van polo bó camiño tendo en conta que é a sua primeira colleita, aromas que circulan por contornos cálidos en ambente alpino, hollejo maduro, paraguaia, un toque fresco da lima e a sensación amoscatelada o seu redor.

O deu gosto é doce, o esperaba non?, lixeiramente graxo, goloso sen alaracas, fruita en sazón, tamén almibarada, acidez que se deixa querer para equilibrar un chisco a balanza que se decantaba para un lado, no final fica unha sensación de boca perfumada.

liebana.jpgorujo.JPGpicu-1.jpgmapa-liebana.GIFnaranjo-de-bulnes.jpg

One ResponseVinos de la Tierra de Liebana to “”

  1. […] O cocido foi magnífico, sobre todo despois dun dia pateando entre rochas, ainda que nestas alturas e despois de levar xa un par do noso cocido enriba non o boto de menos, e espléndido o Picos xoven do 2007, na mesma sigularidade que o gozado daquela co 2006  Picos 06 […]