Este viticologo preocupado claro está pola boa saude dos bagos non podia deixar de facer unha referencia a biodinámica, e porque a biodinámica, pois porque desde hai xa un bo tempo unha pantasma percorre a Europa vitivinicola, e máis alá, empezou pola Europa do centro e na actualidade en muitos destes paises un % considerabel dos seus viñedos están baixo as suas prácticas, e vai camiño de convertirse na última opción dos productores máis preocupados pola auténtica expresión da terriña-terroir e por conseguinte das suas castes: a pobreza do chan obriga.
Se repasamos a lista dos seus “practicantes´´, na que a grandisimos rasgos sonan nomes tal que Romanne-Conti, Chapoutier ou Peter Sisseck, seguidores ou non da filosofia que leva asociada, muita xente dariase conta, a etiqueta-marca convence máis que mil conferencias, de que o rexeitamento primixenio é sen dubida debido á fe que todo o estabelecido impón ou ao agnosticismo radical ou vai ti a saber se o relativismo moral, que diria algun tertuliano copero.
Ao que iba: a Biodinámica traspasa en muito a concepción de agricultura biolóxica, coa que as veces se lle asocia, xa que en principio ven sendo unha das ramas prácticas da Antroposofia, doctrina enunciada polo alemán Rudolf Steiner a comenzos do s. XX. Como corrente filosófica ten chegado a múltiples campos da vida social: a pedagoxía, a socioloxía, a mediciña, a arquitectura, o teatro, etc., inspirando incluso a artistas plásticos coma Mondrian ou Kandinsky, que algunha cepa pintarian, non?
Esencialmente a biodinámica está orientada a reinstaurar a vida empregando unha serie de materiais vexetais, os chamados preparados biodinámicos, aplicados en consoancia cos ritmos do universo, esto que soa a música celestial un cacho máis adiante esta nebulosa disipase e todo se entende millor.
A biodinámica que olla para a viña como un organismo vivo convertese nunha búsqueda de equilibrios e de harmonias, facendo unha “interpretación aglutinadora cunha visión global´´, parece que a nebulosa faise máis densa é a música máis sublime.
Os viticultores biodinámicos teñense convertido nos valedores da autenticidade e da diferenciación dos viños xunguindo estos valores ao concepto de terroir-terriña e de denominación de orixen (D.O.) frente á uniformización e a globalización que afecta ao mundo do viño, orixinado polas variedades internacionais, a viticultura convencional e á xeneralización nas técnicas de elaboración, esto está demasiado claro.
Se nos remontamos ó comezo das D.O. o seu fundamento residía na evidencia de que o gusto do viño tiña que ver coa relación entre unha variedade e o lugar orixinal onde se atopa o viñedo concreto, non reproducible noutras xeografias, polo tanto o concepto de D.O. naceu garantizando un gusto único no mundo, o que se convertiu nun aval para os consumidores.
Pero durante os anos sesenta o viticultor que durante anos tiña confiado na experiencia que proporcionaba a práctica dos seus devanceiros, comenzou a seguir os consellos que ó través das cámaras agrarias dictaban os técnicos de turno:
- Uso de herbicidas. Sen precisar que estos productos rematarian por exterminar lentamente todos os microorganismos do chan e mortos estos unha boa parte do ecosistema do terroir, deixando este polo tanto de aportar ese sinal de identidade ás raigames das vides.
- Derivado do anterior foi que as cepas non se desenrolaban como antes, o que orixinou o seguinte consello: o uso do abonado químico, que é un factor artificial de crecemento que forza á pranta a absorver mais auga.
- Este conxunto de desequilibrios acelerou o impacto das pragas e das doencias, pero contra esto os técnicos de turno xa tiñan un novo consello: os productos sistémicos, que a diferenza dos tradicionais de contacto pasan directamente á seiva das cepas. Segundo os biodinámicos a seiva é o nexo entre o sol (fotosíntese), a cepa, as raigames, os froitos e finalmente o viño (coa sua cor, os seus aromas e o seu gusto).
- A fervenza de consellos non parou: mecanización integral, algunha certamente agresiva co solo, leveduras artificiais (L.S.A.), taninos, enzimas, chips, etc.
A consecuencia dos anos pasados baixo estas prácticas é a evidente pobreza do chan na maioria das zonas vitivinícolas, esto é unha evidencia científica. Se o chateaux Petrus, por exemplo, non coida do solo onde afunden as suas raigames as suas vides chegará un dia no que non poderán garantizar o gusto que o converteu nun mito.
“A biodinámica defende e postula unha volta á mellor comprensión das leis que estan detrás das forzas de crecemento da natureza´´(Nicolas Joly dixit) e polo tanto como non podia ser doutro xeito defende o cultivo respectuoso da viña. O obxectivo seria un retorno ás “forzas de vida´´ que permitirán unha resistencia ás doencias maior cada ano, o obxectivo é conquerir vides fortes en boas terriñas para que estas estean máis protexidas.
Deste xeito as cepas volverianse, volvense de feito, mais fortes e vitais ao prescindiren de abonos artificiais e de profilácticos químicos, deste xeito no viñedo podese formar un ecosistema no que a microfauna beneficiosa manteña baixo control aos parásitos, obxectivo superior de toda viticultura integrada ou sostibel. A biodinámica entra en acción estimulando este sistema no chan ou na pranta mediante preparados naturais.
Según Nicolás Joly, viticologo do Clos de Serrant en Sanvenniers (Loira) e un dos maiores defensores e propagadores da Biodinámica, podese chegar a estimular os procesos que a viña necesita para estar en boa saude e facer acios de muita calidade mediante preparados naturais mui elaborados e en cantidades mui pequenas por hectárea, e dicir en doses homeopáticas. Implica traballar con productos que favorecen a autodefensa da pranta e restauran a biodiversidade activando por conseguinte a microfauna microbián e as leveduras autóctonas.
Na práctica vitícola os abonados fanse con compost de orixen orgánico, incluidos os preparados biodinámicos que están elaborados a partires de milenrama, camomila, dente de león, valeriana ou urtiga. Dentro destas prácticas está a para muitos desconcertante introducción no chan do viñedo dun corno se vaca, e non vale calquera vaca, recheo dun preparado biodinámico para máis adiante ser desenterrado i empregado en doses homeopáticas para activar as vides.
A práctica biodinámica non veta o uso de remedios preventivos coma por exemplo o caldo bordelés combinado con preparado de cola de cabalo para as enfermidades criptogámicas, ou dinamizacions de cinzas de insectos para evitar certas pragas. No canto das labouras estas fanse preferentemente con animais porque deste xeito evitase a formación de costras no solo que orixina a maquinaria agrícola.
Cada tarefa da viña e da adega segue os ciclos naturais coma os da lua, e para a sua guia empregan o famoso “Calendario anual de agricultura´´ da alemana Maria Thun, calendario preciso que se edita todos os anos.
A intervención na elaboración do vino é a menor posibel, empezando polo uso do sulfuroso do que tentan empregar o mínimo posibel, non utilizan leveduras artificiais nin filtran o viño.
A parte máis controvertida da biodinámica é aquela na que se considera que os planetas, as estrelas e os chamados catro niveis da materia (o calor, a luz, o auga e os minerais) teñen unha influencia fundamental no ciclo de crecemento das pranta e se relacionan coas suas distintas partes: mineral-solo-raíz, líquido-auga-seiva-folla, gasoso-flor-luz, e calor-fruito.
Como remate convén recordar que alguns, bastantes, dos viticultores máis prestixiosos do mundo están optando pola biodinámica despois de constatar que en tan so un par de anos a calidade, primeiro da viña e despois do viño aumenta de xeito importante.
A min bastoume unha vendima en Corullón para comprender esa realidade que esconde toda teoria, pura e real sen preconceitos con toda a dificultade que implica pero con toda a paixón que lle poñen. Alí en Vilafranca do Bierzo, na adega de Titin (Descendientes de J. Palacios) podese conseguir o libro de Nicolas Joly “EL vino del cielo a la tierra´´, traducido por él, onde se explica con fundamento esta visión da vitivinicultura.







