Tops Transfronteirizos

p6200245.JPGCelebrouse o pasado luns 21 de xaneiro na Fortaleza de Viana do Castelo a prova: “Tops Transfonteirizos´´,organizada polo periódico Hosteleria Galega e Turismo. O obxevtivo desta cata que vai pola terceira edición é a comparación entre viños seleccionados das dúas denominacións limítrofes, a galega Rías baixas e a portuguesa dos Vinhos Verdes. Como é para todos sabido a D.O. galega, declarada no 1988, conta con cinco subzonas: Salnés, Condado, O Rosal, Soutomaior e Ribeiras do Ulla, e a portuguesa, con declaración do 1908, que abrangue tal extensión como a que ocupa a rexión entre Minho e o Douro, unha das zonas demarcadas máis grandes de Europa cunha área de viña certificada de máis de 35.000 h., subdivídese en nove: Monçao-Melgaço, Lima, Basto, Cavado, Amarante, Ave, Sousa, Paiva e Baiao.

E unha evidencia que desde hai alguns anos as semellanzas entre a D.O. Rias Baixas, sobre todo a subzona do Condado, e a subrexión de Monçao e Melgaço dos Vinhos Verdes teñen aumentado. Todavía máis nítidas son entre estás duas subzonas, a distancia entre calquer viñedo de Monçao con outro de Amarante ou un de Arbo con outro de Ribadumia é evidentemente muito maior que a simples separación de beiras do río. Comúns son tamén nestas duas subzonas as variedades brancas: albariño, treixadura e loureiro, e as tintas: espadeiro, brancellao, sousón, pedral, caíño - borraçal, tinta femia - vinhao, dozal.

Os viños da rexión dos vinhos verdes estuveron desde sempre asociados ao verdor, sinónimo de ácidez exaxerada que deixa unha sensación agreste na boca, e a unha vida curta, pensandose sobre todo fora de Portugal que a denominación de vinhos verdes   viña orixinado por estas características do viño, cando a realidade é que ten a sua orixen no feito de que esta rexión posue o clima  máis húmido e a paisaxe máis verde de Portugal.

As melloras na viticultura é tamén nas técnicas de elaboración teñen reducido as diferenzas que algunha vez existiran cos viños galegos das Rias Baixas, aquelas relacionadas cos apreciabeis restos de carbónico, unha elevada acidez e unha estrucrtura máis lixeira, na actualidade é imposibel distinguir un dos outros cando falamos dos alvarinhos de Monçao e Melgaço, nembargantes no resto da rexión existen unha extensa serie de viños frescos e agradaveis procedentes das subzonas máis alonxadas do Miño,  onde o alvarinho deixa de ser o protagonista deixando paso ao loureiro, o avesso ou o Pederná, con prezos imbativeis entre os dous e os cinco euros, que fican un nivel por debaixo dos anteriores.   

O painel de cata desta prova, no que tuven o pracer de participar, estaba composto por técnicos da Comissao de viticultura da Regiao dos Vinhos Verdes e do consello regulador da D.O. Rías Baixas, por periodistas, nesta ocasión vidos de Lisboa e Madrid, membros da Asociación Galega de Sumilleres e escançoes, que é como denominan en Portugal aos sommeliers.

A selección da prova estaba formada por vinte viños brancos, dez de cada denominación, e oito viños tintos, catro de cada denominación. O resultado final desta cata situou no primeiro lugar ao Pé Redondo 2005 de Martín Codax  con algunha diferenza cos tres seguintes que foron por este orden : Pazo Barrantes (Salnés), Solar de Serrade 2006 (Monçao) e o Deu la Deu 2006 da Cooperativa de Monçao.

Toda cata comparativa desta dinámica, cata a cegas na que fica en primeiro lugar o viño que menor puntuación acada, nas que prevalece a primeira impresión e non existe a posibilidade de apreciar a evolución do viño na copa,  propio dunha degustación máis pausada, supón unha solpresa para uns e para outros non tanto, sobre todo pola abundancia de nomes coñecidos con posterioridade que a priori poderían facer pensar noutro resultado. Persoalmente coincidin, para a miña solpresa, co gañador que me sorprendeu por uns claros matices atlánticos. No próximos dias traerei este Pé Redondo e os que me pareceron máis interesantes desta prova, catados con posterioridade de vagar.

A denominación do evento como transfronteirizo penso que non é a máis axeitada porque remarca unha separación, Galiza – norte de Portugal, que na realidade para este e para outros muitos temas non é máis que unha liña diluida.

Existe outra cata desde hai tres anos chamada “Douro – Duero´´ na que se comparan viños das zonas vitivinícolas situadas nas suas ribeiras (Toro, Cigales, Ribera del Duero, Castela e Douro) á que probavelmente lle resultaria máis acaida a denominación de transfronteiriza  polas evidentes diferenzas de todo tipo: climáticas, xeográficas, xeolóxicas, culturais, etc., que guardan as suas distintas D.O., nas que o único común seria o rio que as atravesa, ben tamén a maioritaria tempranillo do Duero español convertida en tinta roriz no Douro portugués, pero neste cunha extensión muito máis reducida e coa función de acompañante dun gran elenco de castes autóctonas.

Os dez viños brancos que mellor puntuación recibiron foron por esta orden:

1.      Martin Codax Pé Redondo 2005 (Salnés)

2.      Pazo Barrantes 2006 (Salnés)

3.      Solar de Serrade 2006 (Monçao)

4.      Deu La Deu 2006 (Monçao)

5.      Terras Gauda 2006 (O Rosal)

6.      Lusco do Miño 2006 (O Condado)

7.      Quinta do Regueiro 2006 (Monçao)

8.      Muros Antigos 2006 (Melgaço)

9.      Portal do Fidalgo 2006 (Monçao)

10. Reguengo 2006 (Melgaço)

11. Val Miñor 2006 (O Rosal)

Versión blog do artigo publicado esta semana no periódico semanal A Nosa Terra

Leave a Reply