Forun Gastronómico

Foi o tempo dos labradores, viticultores, vigneron, viticulturistas ou viticologos, colleiteiros no Ribeiro. Proximamente tentarei trazar unha liña unindo todas as frases-ideas que nese diálogo saliron e debuxar un pequeno garabato, que nalguns post anteriores xa fun tocando.

Foi unha tarde de reencontros, habia tempo que non sentia tanto unha aperta como a que me din con Titin ou con Ana e Cecilia, habia xa máis de dous anos que non os miraba, como tanto tempo hai que non piso as viñas desas ladeiras do Bierzo que son como dicir piso de xisto, aire de esteva, retama ou jara, soutos de castiñeiros e cerdeiras e amendoeiros por eiqui e por acola, que son como describir un espazo físico acolledor e pletórico ou como falar de sensacions e sentimentos misturados, que será para cando atope as fotos que daquela fixera.

Foi unha tarde de viños auténticos e orixinales eses que levan o selo do seu pedazo de chan – terriña e a sinatrura do seu creador ou máis ben moldeador, as últimas modas falannos de wine creator , cada un deses viños coa pegada do home con quen estas a falar e da terriña da que te está a falar e a que che remite continuamente, asi como ás suas castes, elas son o nexo que xungue o viticologo co seu pedazo de chan e lles da sentido e algo máis.

Algueira, Guimaro- Sober, Castro Ventosa – Valtuille, Descendientes de J. Palacios- Corullón, Quinta do Feital, Adega dos Eidos – Sanxenxo, Do Ferreiro, Lagar do Merens, Alcouce – Trives, Rafael Palacios – O Bolo.

Pero se foi tamén especial esta degustación de mesa en mesa foi grazas a compaña de Manuel Gago e do colega do blog Papar e Vivir, perdoa pero deixei o teu nome entre viño e viño. Antes de onte tamén tuven o pracer de coñecer a makeijan, a Soledad – de pinchos e a Salomé.

Hai periodos nos que acumulas notas de viños e este é un deles, no que teño pendentes  descripcions de viños mui interesantes catados na prova dos Tops transfronteirizos aos que agora se unen os que degustamos onte.

Pero hoxe xa estou fora de tempo…

3 ResponsesForun Gastronómico to “”

  1. Foi un pracer coñecerte.

  2. Xa tes o meu nome, un pracer de degustación.

  3. […] meu profe de catas Antonio Portela, o Viticólogo dos Bagos, e Nicolás González, de Papar e Vivir, tiven a divertida oportunidade de darlle á arte da cata […]