Algueira 2005
Do mesmo xeito que se na copa aparece un viño denso, cargado de cor e cunha bágoa lenta a descender polo seu cristal, as nosas papilas predisporanse para saborear un líquido potente e probavelmente carnoso, con este Algueira os nosos sentidos camiñan seguros e ansiosos cara a súa degustación porque coñecendo como son as viñas das que procede, nos bancais da vertixinosa pendente na banda dereita do Sil orientadas cara o sul á altura de Doade (Sober), onde está ubicada a adega, e se ademais sabemos da presenza de Raúl Pérez orientando a súa elaboración e coñecemos a dedicación de Fernando González, alma mater desta adega, so poden estar preparados para percibir o carácter atlántico dunha D.O. (Ribira Sacra) chamada a ingresar no olimpo vitivinícola nun futuro cada vez máis próximo.![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
E non erramos: aromas frescos de baias silvestres, sotobosque e fondo mineral cun paso de boca equilibrado e fresco. Dos viños que invitan a un trago tralo outro, tragos que neste tempo que andamos se sucederan con máis periodicidade se o acompañamos do noso cocido.
Filed under: viños by viticologo
Leave a Reply