Dominio do Bibei

Houbo un tempo, transitando entre os estertores finais do outono do dous mil e catro e os primordios da primavera do dous mil e cinco, no que polo menos unha vez por semana e caendo entre o martes e o xoves collia o carro ben cedo e puña o piloto automático cara o espazo que [...]

Itsas Mendi 2006

Oka ibarriaren hararean kokatunik dago, ibar luze hi menperaluz eta gernikako itsasadarren hasieraraino hedatzen da, é dicir Gernika asentase no val do rio Oka dominando duas extensas veigas ate o comenzo da ria do seu mesmo nome. Agora que estaba collendo o gusto e o corpo pideme seguir escribindo na lingua dos navarrorum … [...]

Viticultura e Cambio climático

Aumento da temperatura, incrementos de CO2 e deposición de nitróxeno, trocos nas tasas e na distribución das precipitacions, aumento da radiación ultravioleta na superficie causada pola reducción da capa de ozono estratosférico, son alguns dos efectos do cambio climático ou quecemento global, o coñecido como efecto invernadeiro.
Ate o de hoxe podese dicir que este cambio [...]

Chryseia 2004

Proxecto común da familia Symintong, propietaria das casas Graham´s, Dow´s, Warrer´s, Smith Woodhouse e da Quinta do Vesuvio, e de Bruno Prats antigo propietario do bordelés Chateau Cos D´Estournel, proxecto no que elaboran baixo a supervisión do enólogo Stephane Point dous viños: o Post Scriptum, que se elabora todos os anos, e o Chryseia [...]

Viti-Escola

http://chippis.ch/zwook/bourgeoisie/confrerie/mes4ceps
Pequenos vignerons-viticologos e sobre todo futuros bos apreciadores, coñecedores e amantes desta cultura, como contrapunto a botellons, leis antialcól, ridículo baixo consumo de viño, e a modas importadas por gurus, prescriptores, distribuidores e demáis especuladores do viño.
Cando criticamos a adscripcions a bancadas forofas cargadas de prexuizos, hooligans descalificadores de uvas e de tipos de viños: [...]

Travesia

Navegamos,
os recordos azotaban,
zarandeaban a nosa embarcación,
as vegadas sumerxianos um.
Mantivemo-nos a flote
e o rumbo muitas tempestades.
Os portos ficaban atrás,
a outros non demos chegado.
Cruzamo-nos con barcos á deriva,
algun pasado nom deixara ninguen a bordo.
A nosa travesia tinha un diario de navegación
cuberto de nomes de sireas
paraisos que nos reconciliaban coa vida.

Decidimos izar as velas, outra [...]

Gorvia 2004

Quinta da Muradella. D.O. Monterrei. Mencia (90%) e Bastardo (10%).
Deixamos, despois dun primeiro acercamento rápido do nariz á copa, os aromas para máis adiante e saboreamos deseguido unha boca poderosa pero de carácter sensual e fresco, dunha gran lonxitude acompañada de baias negras. Carácter de fusión e mestizaxe, identidade atlántica con rasgos de influencia mediterránea [...]

Pedralonga 2005

A parte posterior da etiqueta di que este Pedralonga é un viño de autor embotellado por Francisco Alfonso en Godos no concello de Caldas de Reis, tamén nos di que os bagos de uva cos que se elabora este viño son de albariño de colleita propia amadurecida nas terriñas elevadas e areosas do Val do [...]

Envellecer

A enorme riqueza varietal conxugada coas diferentes técnicas enolóxicas orixina as múltiples posibilidades que se dispoñen para elaborar un viño.
Na enotecnia xunto ás continuas innovacions que se van aplicando, as veces de xeito indiscriminado, tamén se recuperan sistemas de elaboración tradicionais perfeccionados.
En canto a materia prima, as variedades de vitis vinifera diferencianse polas suas [...]

Rosé

Menuda son os Rosé, cores que ás mentes máis penetrantes lles remiten aos desfogadeiros milenarios pero que ben poden suxerir as sutilezas dos rubis e demais tonalidades desta gama pero sempre brillantes e relucentes como regatos tintados, nos que desde o mesmo tramo no que estamos a vermos reflexados cara a sua nascente so [...]

Pedra Basta 2005

Viño que nace da sociedade ou parceria denominada Sonho Lusitano entre o escritor de viños británico Richard Mayson e o recoñecido enólogo e productor portugués Rui Reguinga con 12 hectáreas de viña na freguesia de Reguengo a 550 m. de altura na Serra de San Mamede, subzona de Portalegre do Alentejo.
Todo o proxecto deste sonho [...]

A punta do meu dedo
A redondes do teu peito
Suave descenso con fondo de soul
No movimento tenue e acompasado
Das linhas desse mapa que surcaba

Mar clara
Onda transparente
que asulaga meus olhos
Mergulho e respiro nessa mareia
a tua lus acelera os sentidos
Aleluia¡ o ceo inmenso em mim
limpo brillante AZUL

Copo de Coeur

Outro xeito de ver, tocar, ulir, sentir e gozar o viño.
As veces a frialdade dalgunhas descripcions semellan a garabata dun inspector disposto a augar a festa.
http://www.nadaimporta.com/

Tintos Atlánticos

Os puntos que The Wine Advocate (Robert Parkert) ven de conceder a varios tintos galegos, ademáis de tres D.O. diferentes: Rias Baixas, quen o diria, Monterrei e Ribeira Sacra, significa situar nun espacio que ate hai ben pouco parecia inalcanzabel á vitivinicultura en vermello desta terra, o de menos e´quen puntua ou como o fai, [...]

Essencia do Vinho

Empeza hoxe dia 6 e ate o 9 de marzo e de tres a nove da tarde no Palacio da Bolsa de Porto a Essencia do vinho que é a principal referencia dos viños e da gastronomia de Portugal.
Este evento é unha oportunidade única de provar todos os viños punteiros de Portugal, xa que están [...]

Alem do Tejo

No Alentejo dominan as viñas asentadas en longas extensions compartindo o espazo coa sua clásica paisaxe de sobreiras, aziñeiras e oliveiras, terreos con poucas inclinacions aturando os raios de sol acompañados de altas temperaturas. Esta rexión, situada entre o vale do rio Tejo e o Algarve, componse a sua vez de oito sub-rexions, entre elas [...]

Don Pedro de Soutomaior Tempo 2004

Entre a ampla gama de marcas que elabora Adegas Galegas en Meder (Salvaterra do Miño) no Condado das Rias Baixas, este Don Pedro de Soutomaior Tempo é o que fai a fermentación alcólica en dépositos de aceiro inoxidabel para logo ter unha crianza en barricas novas de carballo francés de segun din aproximadamente seis meses [...]

Os teus Climats

Houbo curvas trazadas
Co sol atenuando as cores no seu marchar
Entre sombras e torrados fun pechando círculos
Deixando atrás montanhas e vales horadados
Descendendo suavemente por fértiles territorios.
Coa lus da lua adentrei-meC
Nos espazos que o mel dos teus olhos no alcanzan