Don Pedro de Soutomaior Tempo 2004
Entre a ampla gama de marcas que elabora Adegas Galegas en Meder (Salvaterra do Miño) no Condado das Rias Baixas, este Don Pedro de Soutomaior Tempo é o que fai a fermentación alcólica en dépositos de aceiro inoxidabel para logo ter unha crianza en barricas novas de carballo francés de segun din aproximadamente seis meses despois dos cales volve ao depósito de aceiro para repousar outros doce meses ate o momento de seren embotellado.
Amarelo palla con aromas que recordan á madeira pero de xeito elegante, un chisco máis adiante asoma a fruita madura e tamén a cítrica.
Na boca ten un tacto sedoso e grasento con sensacions cítricas, amplo, onde volve a presenza da madeira con afumados e torrados.
A etiqueta, o seu gusto e os seus aromas nos trasladan en polifónica harmonia cara un coro recen montado na igrexa maior.
Os seguidores da elaboración coas lias e que polo tanto non usan a madeira, hainos coas duas versions, teñen que recoñecer que neste Tempo a presenza do carballo é máis sutil e de xeito máis elegante que noutros exemplos, outra cuestión é que nos guste ou non anque so fora o seu roce co quercus.
Filed under: viños by viticologo
Leave a Reply