Essencia do Vinho

bannerev08animado4.gifEmpeza hoxe dia 6 e ate o 9 de marzo e de tres a nove da tarde no Palacio da Bolsa de Porto a Essencia do vinho que é a principal referencia dos viños e da gastronomia de Portugal.

Este evento é unha oportunidade única de provar todos os viños punteiros de Portugal, xa que están todas as zonas vitivinícolas e todos os tipos de viños: Portos, Madeiras, Moscateis, Augardentes Bagaceiras,etc., coa presenza dos seus elaboradores e ademáis nun escenario como é esta xoia arquitectónica do século XIX clasificado como Monumento Nacional que fai inesquencibel esta experiencia,www.palaciodabolsa.pt
Ainda que non aconsello acudir o sábado e sobre todo o domingo debido á masiva afluenza de público e as reducidas dimensions do palacio da bolsa.

De xeito paralelo no Mercado Ferreira Borges alén da mostra de productos gourmet vinte cociñeiros de referencia estarán presentes no Essencia do Gourmet.

O programa das “duas´´ essencias consta de máis de 100 actividades paralelas que están referidas detalladamente na web www.essenciadovinho.com/

De xeito rápido: Wine Expert Prove/ Rota do vinho a copo en restaurantes asociados/ Provas comentadas/ Wine Games/ Wine Lifestyle/ Wine & Dine / Experiencias e Música ao vivo/ Academia de cociña/ Crianças na cozinha/ Whisky experience/ Gourmet Gallery/ Biblioteca Gourmet e Music Lounge.

Se queredes ver o video promocional do evento: http://www.youtube.com/watch?v=sJw8qz_7hhA

2 Responses to “Essencia do Vinho”

  1. Lástima non telo sabido antes, podería ter sido unha boa excusa para visitar de novo a Bolsa de Porto, e quen sabe, igual cear no seu maxestuoso restaurante, se é que segue aberto (non quero nin lembrar cantos anos fai que estiven alí…).

  2. O contorno, os viños, a xente … si que paga a pena. Faltoume a cea nese maxestuoso restaurante. O ano que ven estará programada.

Leave a Reply