Tintos Atlánticos

Os puntos que The Wine Advocate (Robert Parkert) ven de conceder a varios tintos galegos, ademáis de tres D.O. diferentes: Rias Baixas, quen o diria, Monterrei e Ribeira Sacra, significa situar nun espacio que ate hai ben pouco parecia inalcanzabel á vitivinicultura en vermello desta terra, o de menos e´quen puntua ou como o fai, o importante é que El Pecado, A Trabe, Algueira ou os Goliardos, ou o que é o mesmo Raúl Perez, Xose Luis Mateo ou Fernando Algueira están dando un paso, levano facendo hai tempo, que xa deron outros no seu tempo, cada un ó seu xeito e na sua medida, uns de maneira pletórica e outros máis a modo: Priorat, Toro, Bierzo ou o Douro dos viños tranquilos.

Se pensamos nos viños puntuados o denominador común ten varios nomes: castes tradicionais (loureira tinta, caiño, bastardo, mencia e nun dos casos algunha caste case descoñecida), aires atlánticos, terriñas-pedazos de chan que son microespazos únicos, e uns viticologos - elaboradores cun respeto e fidelidade ás suas terriñas que as veces semellan estar nunha simbiose permanente, pero tamén coa dose de creatividade e inxenio necesario para que os seus viños cheguen máis alá.

2 Responses to “Tintos Atlánticos”

  1. Nin que dicir ten que é unha grande nova para toda esa xente que non apostou polo máis fácil…

  2. A busqueda da auténticidade deixa polo camiño muitos sacrificios pero supoño que a satisfacción con un mesmo máis que polo resultado polo traballo realizado compensará.

Leave a Reply