Dominio do Bibei

Houbo un tempo, transitando entre os estertores finais do outono do dous mil e catro e os primordios da primavera do dous mil e cinco, no que polo menos unha vez por semana e caendo entre o martes e o xoves collia o carro ben cedo e puña o piloto automático cara o espazo que delimitan as máximos alturas deste pais, ou comunidade como adoitan empregar os media afins, e os desafins tamén, aos que hoxe gobernan este departamento ou armario, este espazo significaba o acceso aos primeiros experimentos en alta montaña para os montañeiros da costa, os pioneiros do alpinismo galego de altas cotas eran de Vigo, logo virian Pena Ubiña e os Picos de Europa na cordillera Cantábrica, máis logo as semanas santas xeladas na neveira de Gredos, os Pirineos, primeiro o aragonés logo o navarro e finalmente o catalán, e deiqui o salto cualitativo que significaban os Alpes, cecais despois do Alto Atlas marroquino, eu paro neste punto pero ganas ainda hai de pegar o gran chimpo himalaico ou andino, forase como se fora, alguns amigos teñen ido en bicicleta con cargamentos de 30 k. ate Chamonix, sempre pasando por estas terras ás que me referia, ser montañeiro e viver no borde da costa dunha esquiña dunha península dun continente obriga, daquela as visitas semanais que facia tiñan como obxectivo a busqueda de viñas-terriñas no contorno de O Bolo, Trives, Manzaneda ou Larouco. Dependendo do dia ou ben entraba por Monforte – Quiroga ou senón por A Gudiña atravesando Viana, pero a volta sempre era por Trives e Castro Caldelas. Coincidira nesas datas a construcción da adega do Dominio do Bibei, de facto fun apreciando a evolución do seu levantamento como espectador transitario en carro que baixando do alto da Hermida atravesando as últimas viñas laroucans e cruzando a mítica Ponte do Bibei, levantada e rematada o ano 80 d.C. para o paso da via 18 de Antonino ou Via Nova que unia Astorga con Braga, e xa enfilando a zigzagueante subida a Trives miraba no alto do espolón que cuberto de viñas baixa dende Langullo ate o mesmo rio Bibei unha torreta dominando todo o contorno como artificial apósito implantado neste pequeno paraiso. Co tempo os implementos da obra desapareceron e no seu lugar ficou unha adega integrada nas formas que define esta proa viñateira, proa que enfila en dirección noroeste deixando a xigante onda de Manzaneda ás costas no suloeste co sol entrando como aire que empurra a nave desde o leste e o sul. Espacio fronteirizo ou reino perdido e aillado por este contorno natural que marca o Bibei e vixia a Cabeza de Manzaneda, entre a periferia de Valdeorras e os comezos da Ribeira Sacra. O de reino perdido ven porque asi imaxino a chegada desde Katmandú a Lhasa, cápital dos sherpas, ou cecais a Bután, no centro deste pequerrechiño microcosmos esta adega semella unha pagoda vixiante e pendente da vida espiritual e material dos seus fideis-vides aos seus pes.

dominio-do-bibei.jpgbibei-3.jpgbibei.jpg

Os viños que elabora o Dominio do Bibei baixo a supervisión de Sara Perez (Venus La Universal, Montsant, Irreductibles, Clos Martinet, etc), quen fora outra vez bago de uva en mans como estas, son o branco Lapena e os tintos Refugallo, Lalama e Lacima, procedentes de viñas en solos xistosos situadas entre os 300 e os 600 m., algunhas de máis de 50 anos con variedades tradicionais na zona e con clara presenza do carballo na sua elaboración.

Lacima 2002

Recordos frutais de baias silvestres e do bosque que está ás suas beiras con algunha nota mineral que tenta sair desde o fondo da floresta, os que si saen son os torrados da madeira. A boca é equilibrada por unha estructura medida, pola fina acidez e o leve amargor final coas sensacions da madeira. Despois duns minutos e máis claramente o dia seguinte foi aparecendo a compota de ameixas e algo máis timidamente, pese ao seu forte carácter, o figo, o que non variou foi o fondo picota deste o cumio ou la cima.

Fotos de Lavinia, de www.soutipedre.es e de www.cincosolterosencantados.blogspot.com/

lacima.gif

Os comentarios están pechados.