Pedra Basta 2005

Viño que nace da sociedade ou parceria denominada Sonho Lusitano entre o escritor de viños británico Richard Mayson e o recoñecido enólogo e productor portugués Rui Reguinga con 12 hectáreas de viña na freguesia de Reguengo a 550 m. de altura na Serra de San Mamede, subzona de Portalegre do Alentejo. Todo o proxecto deste […]

A punta do meu dedo A redondes do teu peito Suave descenso con fondo de soul No movimento tenue e acompasado Das linhas desse mapa que surcaba Mar clara Onda transparente que asulaga meus olhos Mergulho e respiro nessa mareia a tua lus acelera os sentidos Aleluia¡ o ceo inmenso em mim limpo brillante AZUL

Copo de Coeur

Outro xeito de ver, tocar, ulir, sentir e gozar o viño. As veces a frialdade dalgunhas descripcions semellan a garabata dun inspector disposto a augar a festa. http://www.nadaimporta.com/

Tintos Atlánticos

Os puntos que The Wine Advocate (Robert Parkert) ven de conceder a varios tintos galegos, ademáis de tres D.O. diferentes: Rias Baixas, quen o diria, Monterrei e Ribeira Sacra, significa situar nun espacio que ate hai ben pouco parecia inalcanzabel á vitivinicultura en vermello desta terra, o de menos e´quen puntua ou como o fai, […]

Essencia do Vinho

Empeza hoxe dia 6 e ate o 9 de marzo e de tres a nove da tarde no Palacio da Bolsa de Porto a Essencia do vinho que é a principal referencia dos viños e da gastronomia de Portugal. Este evento é unha oportunidade única de provar todos os viños punteiros de Portugal, xa que […]

Alem do Tejo

No Alentejo dominan as viñas asentadas en longas extensions compartindo o espazo coa sua clásica paisaxe de sobreiras, aziñeiras e oliveiras, terreos con poucas inclinacions aturando os raios de sol acompañados de altas temperaturas. Esta rexión, situada entre o vale do rio Tejo e o Algarve, componse a sua vez de oito sub-rexions, entre elas […]

Don Pedro de Soutomaior Tempo 2004

Entre a ampla gama de marcas que elabora Adegas Galegas en Meder (Salvaterra do Miño) no Condado das Rias Baixas, este Don Pedro de Soutomaior Tempo é o que fai a fermentación alcólica en dépositos de aceiro inoxidabel para logo ter unha crianza en barricas novas de carballo francés de segun din aproximadamente seis meses […]

Os teus Climats

Houbo curvas trazadas Co sol atenuando as cores no seu marchar Entre sombras e torrados fun pechando círculos Deixando atrás montanhas e vales horadados Descendendo suavemente por fértiles territorios. Coa lus da lua adentrei-meC Nos espazos que o mel dos teus olhos no alcanzan