Porqué falar do tempranillo? variedade, ou un clon de seu, que por eiqui so ten certa importancia en Monterrei, co nome de arauxa. Pois primeiro porque todo o que é defendido como representante en calquera sector, neste caso o vitícola, das esencias patrias xenera cando menos dúbidas, e sobre todo, queirámolo ou non, acaba afectándonos. [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
3 Comments »
Saboroso e longo, untuoso e cítrico, extendese no padal e alongase no postgusto envolto en madeira, aparece primeiro a parafina, coa fruita esperando o seu turno en almibar e con mambrelos, a eira recen segada despois e os cremosos e torrados da madeira para o fondo, luz mediterránea que ao dia seguinte ten acentuado a [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Documentalmente a creación da adega deste Pazo situado na plaza do mesmo nome en Cambados é de 1904, con rexistro i embotellado da marca en 1928, case secular polo tanto. O estilo renacentista do pazo trasladase ás suas creacions, foron pioneiros na busqueda da lonxevidade do albariño co seu 1583 de crianza en madeira e [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Cor limpa, relucente, co cristalino dos brancos, aromas sutiles, tenues. Hollejo, leves flores, azuis, con caracter mineral xogando ás escondidas, boca golosa, veluda de tacto sedoso, seda, fresca, mui fresca , agarimo sensual em ambiente fresco, ou finos taninos, acidez limpa, retrogusto a regaliz…. hai que esperalo, como a todos, de xeito tranquilo, e asi [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
O protagonismo neses momentos de eureka!, ou nos experimentos primixenios do Champagne, tenselle atribuido ao monxe Dom Perignon, pero resulta que nese instante máxico no que exclamou “estamos a beber as estrelas´´estaba na compañia doutro monxe, Dom Thierry Ruinart, e foi un sobriño deste, Nicolas Ruinart, quen converteu en realidade os descubrimentos dos monxes benedictinos [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Visitamos un ano máis a Essencia do Vinho, este ano Xoan, Santiago e máis eu ibamos co tempo medido, polo tanto xa tiña en mente as prioridades e as ocasionais alternativas. Empezamos pola mesa dos Symintong para provar os seus viños de Madeira, esta casa duriense ten comenzado hai pouco tempo unha aventura nesas terras [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
No Comments »
Viños da banda atlántica, que miran ó solpor, con castes afeitas a estas terriñas e ao seu clima.
Na rexión dos Vinhos Verdes pontifica maioritariamente o vinhao, tinta femea no noso pais, como nestes Ponte da Barca, Aguiao e Afectus, noutros casos acompañado do borraçal (caiño), brancelhao-alvarelhao, espadeiro (nevoeiro, farinho, cinza ou tinta dos pobres) ou [...]
Filed under: viños by viticologo
1 Comment »
Na copa mostra reflexos pallizos nunha cor amarelo verdosa. Ten un nariz complexo de mediana intensidade pero dunha atractiva sutileza que nos trae recordos de fruita escarchada, orellons e unhas leves notas florais e de feno. O seu gosto é suave de sensacions graxas, cun paso agradavel e equilibrado que nos leva a un final [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
A prantación dun viñedo non é unha obra de inxeñeria agonómica, ou é, mais tamén é un acto cultural no que a creatividade do home pode atopar a sua máxima expresión mediante a conxunción da xeografía e do solo e a sua interacción coa vida-dinámica, biodinámica, coas vides tendo o cosmos coma teito e polo [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
No Comments »
Joao Roseira é para min unha das persoaxes máis atractivas do viño portugués porque ten as cualidades que definen aos que tentan ir máis alá como son o inconformismo, a creatividade e o respeito polo tradición. Elaborador na adega familiar da Quinta do Infantado que fundada en 1816 foi a primeira quinta en embotellar e [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Chegou a cita coa Vig-Bai, os últimos anos a mentalidade é a de non mirar o reloxio, de cando en vez botar unha ollada ao pulsómetro para controlar como vai indo a cousa, e disfrutar da paisaxe desta Grande Bahia que se abre nos kilometros finais da Ria de Vigo e das diferentes compañias que [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »
Recupero un resumen, que fixera cando lei antialcól, agora toca en Galiza a lei das drogas, de varios estudios científicos sobre os efectos positivo do viño na saude. Como calquer alimento o viño tomado en exceso non é saludabel, incluso o seu consumo excesivo conleva certos perigos xa que a partires dunha certa cantidade os [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
1 Comment »
Recupero este rosé provado por primeira vez hai uns meses nunha cata de viños italianos que o noso compañeiro Francesco organizou no seu restaurante Il Duomo de Vigo porque onte presentouse a primavera nestas rias máis baixas, unha primavera como as de antes: a primeiros de abril e despois dunhas semanas de humidade atlántica, [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »