Vig-Bai
Chegou a cita coa Vig-Bai, os últimos anos a mentalidade é a de non mirar o reloxio, de cando en vez botar unha ollada ao pulsómetro para controlar como vai indo a cousa, e disfrutar da paisaxe desta Grande Bahia que se abre nos kilometros finais da Ria de Vigo e das diferentes compañias que a carreira vai poñendo e quitando ao nosos carón, os 21 km dan case como unha vida para cambiar de parella e de grupiño.
Este ano teño ocupado todo o sábado, polo tanto a tradicional comida rica en hidratos de carbono, basicamente pasta elevada á máxima potencia, fareina ó sprint. O que si degustarei con máis calma serán as cervexas desta noite anterior á carreira en dosis suficiente para chegar ao puntiño, non vale menos, e máis supoño que será pouco recomendavel. Esta técnica das dosis de cervexa da noite previa á carreira era defendida por un recoñecido maratoniano estadounidense dos anos oitenta. Eu teño notado os seus efectos en contadas ocasions, pero desde que supen dela aplicoa a conciencia. Para esta Vig-Bai do 2008 estou dubidando entre as que teño na neveira: a belga Hoegaarden de trigo, con aromas mui nítidos de brioche e flores brancas, a Glops, cervesa artesanal torrada catalana sense additius i sense filtrar, de aromas intensos a rebanada de pan torrado untada de marmelada de figo e postgusto de frutos secos e malta tamén torrados, ou a nosa Estrela Galicia, ou cecais as tres … case que non.
Filed under: Sen clasificar by viticologo
Leave a Reply