Vinhos na Essencia

varias-palacio-3.gifVisitamos un ano máis a Essencia do Vinho, este ano Xoan, Santiago e máis eu ibamos co tempo medido, polo tanto xa tiña en mente as prioridades e as ocasionais alternativas. Empezamos pola mesa dos Symintong para provar os seus viños de Madeira, esta casa duriense ten comenzado hai pouco tempo unha aventura nesas terras ó traves dunha das suas adegas tradicionais, a Blandy´s, degustamos un gran foto-gfs-antigas-para-wines.jpgVerdelho de 1977 e un inenarrabel Bual de 1920; acercamonos deseguido e polo mesmo lateral deste patio interior do Palacio da Bolsa aos viños da Quinta do Noval, dos que resaltamos o Cedro do Noval cun carácter máis fresco do que estabamos afeitos nos viños do Douro; na outra esquiña deste patio estaba a Quinta do Vale Meao, a referencia por excelencia do douro superior, e a Quinta do Vallado da máis fresca Cima Corgo, dous Douro Boys; xa nas mesas do medio desta planta baixa fixemos sendas paradas obrigatorias, a primeira no Dao dos viños de Alvaro Castro, calquera deles mereceria o seu resalte con maiúsculas: os Quinta de Saes, os Quinta da Pellada ou o Pape, elegantes e sutiles mais saborosos, outra parada foi na interminavel retahila de viños que elabora Campolargo en Bairrada, faria falta un collage para describir os viños deste elaborador: Diga? de Viognier, Calda Bordaleza de Cabernet e merlot, Valdazar de castelao ou trincadeira, Termeao de touriga nacional, Os Corvos da Vinha da Costa, ou un rosé de pinot noir, etc, este home semella un francotirador disposto a elaborar o que a imaxinación lle poña a tiro, ainda que esperaba algo máis dalgun dos seus viños; por alí cerca estaba o Mouchao, o viño xa mítico do Alentejo que levaba tempo esperando pasar polo iris, a pituitaria e as papilas, ademáis recoñezo sentir unha atracción especial polo alicante bouschet, curioso como da mente de Henry Bouschet ten chegado a integrarse de tal maneira nas terriñas alentejanas e na idiosincrasia dos seus viños dos que xa parece indispensabel, nalguns casos na sua totalidade coma neste Mouchao. As veces gustame imaxinar unha garnacha tintoreira vella e madura mimetizada nos pedazos de chan de Valdeorras e posibel orixen de tintos con estructura e frescura. A sua beira estaba o Xisto, producto da unión dos Roquete (Quinta do Castro) e Jean Michel Cazes (Chateau Lynch – Bages), potencia atemperada por un certo toque francés, claro. Xa no primeiro andar e a pesares de ir contrareloxio paramos un bo anaco cos da Herdade da Malhadinha Nova, de imaxen colorista, alegre e xuvenil, ou infantil, gustounos e muito o Marias, para min do mellor da tarde, na mesa do lado os S de Soberanas que elabora Paulo Laureano e cambiando de lateral despois de torcer unha esquiña ateigada de xente con non sei que viños atopamos ao Rui Reguinga cos seus Terreus, semella que a Serra de San Mamede e a peculiaridade das suas viñas ten o seu efecto neste alentejo máis fresco, elegante e complexo. Nunha das salas e alonxados do bulir dos pasillos laterais buscamos e atopamos os viños da Quinta do Vale Dona Maria de Cristiano Van Zeller e recordamos o gran dia que pasamos na sua adega e na sua casa do Vale do rio Torto, compartindo mesa e a Sandra Tavarés como enóloga estaba a Quinta da Chocapalha, situada na estremenha Aldeia Galega da Merceana. Moscatel Galego- Azeitona Galega – Aldeias Galegas … menos mal que nos queda Portugal guardandonos as costas. Na mesma sala estaban os viños de Nieport, e á beira dos redomas, batutas, charmes, diálogos e portos varios fiquei estusiasmado cos orixinais matices do Redoma rosé. Por alí tamén estaba un ribatejano mui interesante o Guarda Rios da adega Vale D´Algares. essencia-d-v.gifessencia-d.gif
Antes de rematar, o reloxio xa marcaba as dez da noite, e sen sair da mesma sala provamos varios viños internacionais: unha serie de Rhones, un pinot da Nova Celandia, o Ossian de Rueda e un sulafricano do que non recordo o nome. Quedaronnos no desexo muitos viños entre eles os de Luis Pato e Filipa Pato e os de Anselmo Mendes. Botei de menos os Quinta do Infantado ou os de Bago de Touriga.

Os comentarios están pechados.