Prima 2006

Bodegas Mauro é Maurodos en Toro, concretamente en Pedrosa del Rey, Villaester e San Román de Hornija e exactamente en 30 ha de vidueño con, isto máis indefinido, maioritariamente tinta de toro e un pequeno % de garnacha en solos de area, grava e arxila, cun clima máis estabel que Duero arriba e unha caste, [...]

Cavas P.N.

Perles Roses Millesime 2006
Pétalo de rosa, rosa alaranxado, asalmonado, en strictus senso rosa champan.

Os aromas deambulan entre diferentes tonos: cítricos (mandarina), confituras (frescas?), pastelaria fina (hojaldres), fruita de oso (e oso de fruita), despois floral (…) Equilibrio de principio a fin, ainda polo medio unha burbulla sutil, integrada con fruitas silvestres e ameixa, despois do [...]

Santa Cruz de Artazu 2004

Desde un vermello picota e na punta da lanza dos aromas as baias entran primeiro no nariz cun sutil regaliz intentando sair entre este ambiente de frutillos silvestres que enche o esceario, a violeta movese con facilidade entre a fruita e as especias. Se xa nos moviamos nuns contornos limpos os aires balsámicos e mentolados [...]

Cote Chalonnaise “Les Clous 2005´´

O Domaine Aubert et Palmela de Villaine ten a sua adega na vila borgoñona de Bouzeron, nas Cotes Chalonnaises entre Chalon sur Saone e Beaune. Según relatan no seu catálogo os de almavinosunicos Chalon era un pequeno centro comercial na Galia cun porto que se usaba como centro de comercio de viño, a sua importancia [...]

Da raia e do Minho

Ponte do Arquinho 2006
Rubí lixeiro con claros aromas frutais, especiados e de matorral aromático e balsámico cun limpo fondo mineral, o seu gusto é equilibrado polo tanto agradavel. Por uns céntimos menos dos catro euros semella unha elección sen dúbidas, de toparnos con el, claro, nalgun supermercado do norte de Portugal, neste caso no Tres [...]

As apariencias…as veces.

DAVIDE tradición 2005
Albariño que mostra no nariz a evolución natural dos aromas, no seu día xuvenís e frescos, cara á complexidade e a unha profundidade que significa outra dimensión desta nosa caste: outras armonias-acordos, outros momentos, outras evocacións, …. neste Davide con mambrelo, orellóns, cremosidade láctica, confitados, minerais e certas notas [...]

Goliardos

Estos tintos son un diamante en bruto, recen extraidos das entranas da terra, cando desde esa fermosura virxen atrevemonos a pensar na brillantez que alcanzarán unha vez vestidos de etiqueta ou simplesmente e de xeito máis natural cun lavado de cara. Son un diamante en bruto pero xa prestos para beber e degustar, ou o [...]

Mundocociña

A cociña actual recordame un algo, nalgun momento, as vegadas, á situación vitivinícola penínsular de hai unhas décadas, daquela o rango dabao a “Bodega´´e o “Bodeguero´´, ou o enólogo, naqueles tempos máis químico que outra cousa, e a influenza da enxeñeria na que a reproducción de productos é o importante. A viña deixabase para [...]

Tostado do Ribeiro

Dentro do universo vitivinícola os viños doces sempre tuveron unha aureola especial polas suas características especiais, desde as máis evidentes como son as que apreciamos cando os tomamos ate as suas peculiares condicions de vendima e de elaboración. Tamén teñen asociado unha historia particular, cada un deles coas suas identidades, que se resume no famoso [...]

Friuli

Pinot Grigio Friuli Isonzo DOC Cormons 2006
Desde a D.O.C. Isonzo, no Friuli, degustamos o pinot grigio de Cormons que con 13´5º mostra nos aromas un abano de sensacions que nos fan cambiar de espazos ou imaxinar diferentes ambientes, todos intensos e atractivos e que surden do mineral dun frotar de pedras e do floral da [...]

Abadal Picapoll 06

Sensación de aire cálido na entrada do nariz, de brotes herbáceos ó sol mediterráneo, especies doces no fondo do amarelo e branco froital que se impón despois dos comezos verdosos. No seu momento entra en boca sedoso cun volumen que no seu paso deixa o rastro das fuitas amarelas no seu cenit de maduración, finalmente [...]

Bourgogne 2005 Maison Meo Cazumet

Aparece cunha cor no final do camiño ao picota, de màis peso que a esperada nun pinot noir. Polo nariz pasan a modo a fruita vermella fresca, con lonxitude, as violetas claras, o recordo da lavanda, o impacto do cassis, outras negras coa sua mesura, e un frescor de floresta verde silvestre. O seu gusto está no comezo, no [...]