Bourgogne 2005 Maison Meo Cazumet
Aparece cunha cor no final do camiño ao picota, de màis peso que a esperada nun pinot noir. Polo nariz pasan a modo a fruita vermella fresca, con lonxitude, as violetas claras, o recordo da lavanda, o impacto do cassis, outras negras coa sua mesura, e un frescor de floresta verde silvestre. O seu gusto está no comezo, no final e no medio do camiño … resulta fresco pero cunha carga de fondo, de profundidade, unha especie de lastre largando séculos, eco que avanza desde unha profundidade que resoa coas pegadas do transcurso deixando o seu son co peso do terciopelo no padal. Aquel eco transformase en armonia xuvenil coa música dos fruitos e as flores e as herbas.
Desde a Cote de Nuits elaborado pola Maison Meo Camuzet Frere & Soeurs con bagos de parcelas en Nuits-St.-Georges, Vosne-Romanee e Marsanny.
Aparece no catálogo de “almavinosunicos´´ escrito por Paco Berciano cunha elegante presentación tamaño libro de casi 500 páxinas no que viaxan polos viños desde a perspectiva das suas terriñas e denominacions, cun contenido ameno e unha explicación clara e nítida, algo nada fácil sobre todo nos viños franceses que ocupan a maior parte do libro. Gracias a Cesar Ruiz polo libro e sobre todo polos viños, bon de momento por algun deles.
Filed under: viños by viticologo
Leave a Reply