As apariencias…as veces.

DAVIDE tradición 2005

Albariño que mostra no nariz a evolución natural dos aromas, no seu día xuvenís e frescos, cara á complexidade e a unha profundidade que significa outra dimensión desta nosa caste: outras armonias-acordos, outros momentos, outras evocacións, …. neste Davide con mambrelo, orellóns, cremosidade láctica, confitados, minerais e certas notas que nos fan recordar a un Riesling. Despois desta andanada de profundidade o seu paso de boca é máis relaxado, amábel é suave, sutil pero longo

davide.jpg

A imaxen das marcas de “Davide Adega e Viñedos´´ , situada en Baión Vilanova de Arousa, ten cambiado cara unha presentación máis vanguardista, no caso deste Tradición gracias a un deseño de botella esbelto cun corpo cilindrico que remata nuns ombreiros rectos e circulares.

Como xa comentara noutro momento, denantes de mirar, ulir e degustar un viño hai unha serie de estímulos contidos na presentación do viño como son as etiquetas cos seus diferentes deseños, cores e as informacions que leva, o material da cápsula e da rolla, as diferentes calidades da cortiza, as técnicas ou sintéticas, as de rosca, etc, e a forma da botella, que van a influir ante calquera tipo de dúbida no momento de mercar o viño, acentuado pola proliferación de marcas nas estanterias, influenza que se prolonga máis logo no momento da degustación na actitude que adoptamos, máis ou menos positiva ou incluso negativa, antes de ter calquer contacto visual, olfactivo ou gustativo co viño na copa.

Todo isto venme o pelo porque tuven o pracer de tomar o Maria Bargiela do 2006, un condado que elabora Bernardo Miguez na sua pequena adega situada nos baixos da recen restaurada casa de turismo rural que ten na parroquia de Porto en Salvaterra do Miño, á beira de Pazo San Mauro e preto de Fillaboa, cunha producción de 5000 botellas que el mesmo distribue. Porto é unha pequena subzona – pedazo de chan dentro do Condado a xeito de pequena península abaneada polo Miño cunha situación excepcional para as castes brancas tradicionais. En máis dunha ocasión falamos sobre a presentación do seu viño, etiqueta e botella, e do seu desacordo co viño que contén e coa actual situación de competencia na que incluso hai locais de restauración ou viñotecas que non colocan un viño con determinada imaxen nas suas mesas ou estanterias, parezcanos ben ou non, sabeo por experiencia. Degustara outras anadas do Maria Bargiela pero como esta do 2006 nengunha.

MARIA BARGIELA 2006 pa130368.JPG

Amplo, saboroso i equilibrado, cunha fina acidez e un amargor final que deixan unha sensación fresca e graxa que impregna a boca. Os aromas transitan nos momentos iniciais entre a fruita branca madura, o mambrelo e o mel, para rematar ó final con sensacions frescas e limpas de manantial e flores secas.

One ResponseAs apariencias…as veces. to “”

  1. A abuela María Bargiela………………