Santa Cruz de Artazu 2004

Desde un vermello picota e na punta da lanza dos aromas as baias entran primeiro no nariz cun sutil regaliz intentando sair entre este ambiente de frutillos silvestres que enche o esceario, a violeta movese con facilidade entre a fruita e as especias. Se xa nos moviamos nuns contornos limpos os aires balsámicos e mentolados rematan por cuadrar o círculo. Maís logo e cando xa non os esperaba aparecen polo fondo arrastrando a sua pesadez os aromas da terra, terrosos, e o cacao, ate tapar coa sua presenza o escenario.

A boca ten unha entrada grata, entre golosa e fresca, coctel amplificado pola potencia e a densidade, cos taninos nun punto que aventura lonxevidade, a elegancia aromática do nariz ten na boca a sua cara Jekill. Longo e amplio deixa no seu paso unha especie de dozura destilada, licorosa.

artazu-1.jpg

Elaborado en Artazu a 4 km de Puente la Reina e a 24 de Iruña por Juan Carlos Lopez de Lacalle (Artadi). A esencia do proxecto navarro de Artadi é a garnacha, nesta marca procedente das 2´5 ha. de garnachas vellas do pago de St. Cruz.

Os comentarios están pechados.