Cavas P.N.
Perles Roses Millesime 2006
Pétalo de rosa, rosa alaranxado, asalmonado, en strictus senso rosa champan.
Os aromas deambulan entre diferentes tonos: cítricos (mandarina), confituras (frescas?), pastelaria fina (hojaldres), fruita de oso (e oso de fruita), despois floral (…) Equilibrio de principio a fin, ainda polo medio unha burbulla sutil, integrada con fruitas silvestres e ameixa, despois do fin deixa frescor na distancia.
Gran Caus Rosado
Vermello frambuesa con reflexos alaranxados, nos seguintes pasos polo nariz os tonos das fruitas escurecense, a modo, primeiro con marmelada de fresas, despois con ameixas negras e un final con máis brillo das baias en rama. Enche a boca e segue frutal cun final de guindas en licor
Dous cavas de pinot noir, o primeiro elaborado por Caves Naveran en Torrelavit e o segundo por Can Rafols dels Caus en Avinyonet del Penedés no macizo do Garraf. Duas versions mui diferentes dunha mesma uva e un mesmo sistema de elaboración: o Gran Caus é máis expresivo no seu caracter frutal e na sua maior estructura en boca. O Perles Roses é un cava mui atractivo en todos os seus momentos, na vista cunha cor pouco común con certo toque de glamour, e nos aromas e no gusto mostrandose con elegancia, sutilidade e complexidade, cun trago que invita a outro e asi ate que a música remate e o sol asome pola outra banda.
28/05/08
Filed under: viños by viticologo
Leave a Reply