Prima 2006

Bodegas Mauro é Maurodos en Toro, concretamente en Pedrosa del Rey, Villaester e San Román de Hornija e exactamente en 30 ha de vidueño con, isto máis indefinido, maioritariamente tinta de toro e un pequeno % de garnacha en solos de area, grava e arxila, cun clima máis estabel que Duero arriba e unha caste, a tinta de toro, ou versión diferenciada doutra, a tinta fina, cun caracter mui definido. Os viños de Maurodos son San Román e este Prima, versión máis asequibel, sobre os nove euros, con 90 % de tinta de toro e 10 de garnacha que pasaron 12 meses en oak barrels. Os de Mauro son os xa dabondo coñecidos: Mauro, Mauro VS e Terreus. En todos eles Mariano Garcia, cos seus incondicionais, que semellan ir perdendo efectivos.

prima.jpg

Do mesmo xeito que hai alguns anos desde as zonas máis frescas, húmidas, e de variedades máis “lixeiras´´ como algunhas galegas, tentabase imitar ou buscar concentracions similares a outros viños de climas máis cálidos e de variedades máis cargadas, agora trocaron as tornas e son elaboradores destas últimas zonas, con todos os factores mencionados, os que semellan buscar a frescura e a elegancia dalgun xeito, como nos pasaba a nos na versión inversa, misión nada facil este ir contracorrente da propia esencia marcada polo clima, a variedade e os solos. Anada tras anada e cando resulta máis evidente esta búsqueda tamén o é o aumento da proporción da garnacha, que pasa de non entrar a estar neste 2006 nun 10 %.

Prima 2006
Un picota cun grado ou punto menos de intensidade do habitual que en boca deixa a impronta do seu coupaxe con densidade rugosa acompañada de tinta, betún, chocolate e os recordos da terra, asi, entre esta onda de pura esencia toresana asoma surfeando nesta marea o frutal.

Nos aromas as duas familias que aparecian en boca, a garnacha frutal e o recio caracter da tinta de toro, tiran para o seu lado, os primeiros máis frescos e lixeiros elevanse con facilidade namentras que os segundos aos que se ten xunguido os torrados da madeira semellan agarrarse á copa.

30/05/08

One ResponsePrima 2006 to “”

  1. Tiven a oportunidade de probar este viño fai uns días, e sorprendeume atopar eses toques de chocolate dos que falas… Moito me queda por aprender!