As bicicletas, os brancos e os rosados … son para o verán ? … que chorrada de pregunta, o que si o son é unha ringleira interminavel de actividades que o meu pensamento, acostumado a anos de mestre e de estudante, e máis atrás toda a infancia e adolescencia, é dicir meses ó líbero albedrio, [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Lus aberta e limpa de azul todo
……periódico masaxe sonoro
………de escuma suave
………….case ausente
…………….With you
Na silandeira noite
……………………. De vermellos espallados
A brisa tepediña
…………………….acariciou-me.
Filed under: poema by viticologo
No Comments »
Noite de San Xoan a noite, apagaronse as lumeiras …
Esta noite máis rápido que outros anos, pero ainda fica pola mañan o seu arrecendo e o das herbas de San Xoan co frescor da nebliña no ambiente. Do que tomamos esta noite máxica e luminosa na que ademáis celebro o meu cumpreanos e do que [...]
Filed under: viños by viticologo
2 Comments »
Chiaramonte 2005 nero d´avola. Sicilia
Elaborado na subzona occidental da illa pola Casa Vinícola Firriato coa variedade Nero D´Avola ou calabrese que se ten convertido no estandarte varietal dos viños tintos das diferentes indicacions ou denominacions de Sicilia (DO, DOGC, IGT), illa que pese a ser, ou cecais por iso, o lugar de Europa por onde [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Hai un par de anos que provei o Sketch, albariño elaborado e submerso logo na ria por Raúl Perez, daquela e a falta de anotacions máis detalladas parecerame un albariño elegante e saboroso de tonos minerais e matices salinos con notas herbáceas … cecais a interpretación fora matices minerais e notas salinas con tonos herbáceos [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
No Comments »
Primeira anada destos viños da adega Val De Iurres, situada no barrio de A Coroa en A Rua, elaborados por Cecilia Fernandez. Cecilia é a primeira enóloga de Valdeorras, como en Galiza non existe tal facultade realizou estos estudios na Facultade de Enoloxia da Universidade de La Rioja despois de rematar bioloxia en A Coruña. [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Contra o que tiña pensado desta zona vitivinícola a variedade de contrastes e alturas (dos 600 aos máis de 1000 m.) é evidente, nesta diversidade as garnachas máis vellas atopanse fundamentalmente en solos xistosos entre os 800 e os 1000 m. e nas serras de St. Cruz e na de Vicor. Calatayud é unha rexión [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Schmitges GRAUSCHIEFER 2006 Mosel-Saar-Ruwer
Riesling procedente das empinadas ladeiras do “mittel Mose´´ de distintos pagos situados a diferentes alturas e según parece nas suas mellores ubicacions como Treppechen e Prälat (nas fotos) en Erden, onde se atopa a adega da familia Schmitges que elabora viños desde 1744, e Sonnenuhr en Whelen, no mapa situadas na [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Pode dicirse, ou deberia dicirse, que o fin último de toda a viticultura, empezando polo microcosmos individual da propia cepa, ou de cada acio, e seguindo polo conxunto de técnicas, coidados, labouras e calquer outro tipo de actuación, desde o propio deseño do viñedo, é a obtención dun bago de uva óptimo, nas condicions axeitadas [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
No Comments »
Chegou un dia, “catou´´ 60 viños, e concluiu: “mencia y barrica no te son un buen matrimonio´´ a esta afirmación engadiu a seguinte lección maxistral: “el vino tiene que tener unha gran estrutura y cuando está en madera hay que procurar que no sepa a madera´´, teñen bemois estas sentenzas cando aburridos estamos dos viños [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
2 Comments »
Onte a tarde asistin a presentación da anada 2007 do Louro do Bolo. Non podia deixar de ir, era dificil non acertar cos ingredientes que se xuntaban: primeiro Rafael Palacios, non é doado atopar nunha mesma persoa a perfección técnica na elaboración de viños brancos ó mesmo tempo que a meticulosidade e a certeza [...]
Filed under: viños by viticologo
No Comments »
Roteiro enogastronómico polo Ribeiro
Nesta xantanza os blogueiros enogastronómicos galegos, especialmente Soledad e M. Gago, organizaron un roteiro polo Ribeiro no que tuven o pracer de poder participar nel.
O Ribeiro ou as tres ribeiras, un para todas e todas para un, non se me ocurre nada mellor, porque será?, para definir este pequeno universo, ou tamén [...]
Filed under: viñodinámica by viticologo
7 Comments »