Rafael Palacios.Viticultor
Onte a tarde asistin a presentación da anada 2007 do Louro do Bolo. Non podia deixar de ir, era dificil non acertar cos ingredientes que se xuntaban: primeiro Rafael Palacios, non é doado atopar nunha mesma persoa a perfección técnica na elaboración de viños brancos ó mesmo tempo que a meticulosidade e a certeza coa que moldea, modula, e coida o seu viñedo, de feito pudendo pasar por o mellor ou un dos mellores enólogos de viños brancos peninsulares na sua tarxeta pon un “simples´´ Viticultor, eso di todo e muito máis sobre o que quere reflexar nos seus viños: a fruita na sua esencia - pureza, a identidade mineral destas terriñas, o frescor da sua altura, e a partir destas notas chegar máis alá, outro ingrediente desta presentación era o seu esceario: Pepe Vieira Camiño da Serpe con Xoan Cannas como anfitrión. Para apreciar este entorno e as suas obras culinarias aconsello a lectura das recentes entradas relacionadas con Pepe Vieira nos blogs de Manuel Gago, Soledad Felloza ou Gourmet de provincias. Outro dia escribirei sobre Xoan, desde que o coñezo as nosas ideas, emocions e filosofias acerca do viño son casi clónicas.
Presente en Valdeorras desde o 2004, leva polo tanto catro anadas nas que ten pasado de todo: os incendios do 2004, os dous anos máis quentes dos últimos tempos e os máis frescos tamén coma este 2007 que probamos. Falounos das diferenzas entre o Louro e As Sortes, das diferentes viñas-sortes, dos seus solos, da sua estrela a Godello, hai tempo cando baixo a sombra do seu irman Alvaro Palacios, destacando cos tintos, decantouse pola elaboración dos viños brancos na adega familiar de Alfaro, os Placet, caera na conta das posibilidades que esta caste posuia para a elaboración dun gran viño, todo o que lle faltaba á viura rioxana coa que tiña chegado o seu tope, falounos da bondade e da excelencia dun ano fresco coma o 2007 para os brancos, das diferenzas na elaboración das Sortes e do Louro, das lias e dos seus problemas, de porque a madeira, que madeira e como. Da sua lonxevidade, da espera para o seu consumo, da sua evolución, de como anada trás anada os viños van acercandose a esa pureza, frescura, complexidade e lonxevidade buscada. Cada un destos puntos daria para extenderse dabondo, pero penso que queda claro a seriedade e a profundidade do seu proxecto. Notase que non estou celoso pese a ter soñado algunha vez ter algo con estas terriñas do Val do Bibei agora por él acariciadas.
Do Louro do Bolo so dicir que este 2007 impresiona aunando fruita, fondo mineral e levisima madeira para unha boca de longo percorrido que enche o padal con frescura e sedosidade. A mostra de As Sortes 2007 anuncia un gran viño, probavelmente para convertirse no mellor As Sortes do Val do Bibei ate o de agora.
2/06/08
Filed under: viños by viticologo
Leave a Reply