O guru paracaidista

Chegou un dia, “catou´´ 60 viños, e concluiu: “mencia y barrica no te son un buen matrimonio´´ a esta afirmación engadiu a seguinte lección maxistral: “el vino tiene que tener unha gran estrutura y cuando está en madera hay que procurar que no sepa a madera´´, teñen bemois estas sentenzas cando aburridos estamos dos viños que adoitan a personalidade plus, megaplus ou medium do barril no que pasaron unha temporada da sua vida, coma un síndrome de Estocolmo que levarán ate ser bebidos ou abandonados no copo por defensa natural do organismo que non atura máis tanino que nos remita a un ataude de madeira nobel. Estando dacordo con esta afirmación ten bemoles que a faga quen se farta de megapuntuar e supervalorar o tropecentos por % dos viños tintos da pel de touro que estarian metidos nese saco e veña a pontificar os pecados dos outros cando precisamente é o momento dos viños atlánticos, con identidade, frescos e vibrantes. Que o exceso de madeira é ir contra a natureza das nosas castes e dos nosos viños os propios elaboradores xa o saben, bon é certo que non todos, que necesitan dosis máis sutiles, con segundos usos, tamaños máis grandes ou torrados máis finos e prolongados é unha evidencia que todos os elaboradores galegos seguro que terán en conta para conservar a esencia e o caracter destas castes.

O número deste mes do periódico mensual Hostelaria Galega e Turismo ven carregado de interesantes especiais como o Informe viños no que están reflexadas as opinions de José Peñin, ou a mesa redonda sobre internet e o sector turístico e gastronómico onde Manuel Gago pon o equilibrio nunha mesa un tanto temerosa dos blogs, e un dossier sobre as distribuidoras de viños que merece un comentario aparte porque afirmacions dalgunhas delas do tipo: “as distribuidoras aportan asesoramiento, frescura, actualización de mercados, información, formación (!), imaxen externa das bodegas…´´ e outras perlas do estilo, en fin, asombrense da bonhomia destos negociantes. Eu quedome coa opinión de Xoan Cannas que di: “defendo o profesional que coñece o viño a fondo, non o negociante que ten nel o seu modo de vida, o que representa mil adegas, senón o que ten a ilusión, o peso e a cultura dos propios viticultores´´

Tamén neste mes na revista portuguesa “Wine Passion´´ o elaborador de viños Cristovao de Oliveira e Sousa explica no seu artigo “A excepçao á regra´´ porqué vende directamente o seu viño sen intermediarios: “Nenhum produto ou serviço exixte sem dois elementos: o criador/productor e/ou cliente/consumidor- desses ninguém se libra´´, “Quando um intermediario nao traz beneficios a nenhuma das partes entre as quais se intromete, é tao somente um parasita´´, “Acham-se (a si mesmos) respeitaveis empresarios, parte dos poucos, a quem nos produtores outorgamos a responsabilidade de comunicar o fruto do nosso labor. Nao passam de arautos (emisarios) de marcas feitas, ignaros fiéis das publicaçoes, dos lobbies e dos intereses instalados´´, “É a estes trapaceiros e ignóbeis, que muitos consumidores confiam o seu gosto. É a estes piratas de meia tigela (cunca), que muitos productores encomendam a morte dos seus vinhos´´

É a visión dun productor farto, estaria tamén a do consumidor farto por os mesmos e por outros motivos como poderia ser por atopar en casi todas partes os mesmos viños, as mesmas marcas, as mesmas denominacions de orixen e os productos das mesmas distribuidoras gracias ás suas técnicas de presión comercial, mais que por convencemento.

5/06/08

2 ResponsesO guru paracaidista to “”

  1. E punto.

    Estou totalmente de acordo contigo. Distribuidores que ofrecen o que mais venden, ou que directamente espetan frases do tipo “disque esta moi bo” cando lle pides referencias de determinado viño do seu propio catalogo.
    “Gurus” que consideran que os viños doces son os mellores, sen pensar que o seu gusto e seu pero que o tempo empurran a montons de paladares inexpertos os que, a bo seguro, nunha primeira achega o viño vai custar moito asimilar as bonomias deses viños doces.

    E Hostaleiros que ignoran o que venden e ademais lles importa un pemento. O caso e “mamar”.

    Asi e moi complicado que se avance en coñecemento e capacidade de selección. Pero asi é o mercado, alo menos na Galicia que eu transito a diario.

  2. Dos distribuidores o peor é a visión bucólica de si mesmo que destilan, non vexo autocrítica por ningun lado.
    En canto ao crítico-periodista eu leo a sua revista todos os meses, e a guia, e coincido con muitas das suas opinions pero esas sentencias soan un chisco paternalistas, ou eu as interpreto asi.