Schmitges

Schmitges GRAUSCHIEFER 2006 Mosel-Saar-Ruwer

Riesling procedente das empinadas ladeiras do “mittel Mose´´ de distintos pagos situados a diferentes alturas e según parece nas suas mellores ubicacions como Treppechen e Prälat (nas fotos) en Erden, onde se atopa a adega da familia Schmitges que elabora viños desde 1744, e Sonnenuhr en Whelen, no mapa situadas na curva máis amplia que rodea o Grosslage Münzlay (en vermello), en empinadas ladeiras de ate 70º con cultivo orgánico, outro dos obxectivos de Andreas Schmitges é a menor intervención posibel no proceso de vinificación.

No Riesling Grauschiefer mestura uvas dos viñedos máis altos: 85% de Erdener Herrenberg (200-300 m.) e o resto de Treppchen. Outras viños desta adega son expresions individuais dos diferentes pagos. moselmixed.jpg

erdener_praelat.jpgerdener_treppchen.jpg

Amarelo pallizo desprendendo flores secas, especias doces, fruitas amarelas e outras de cores exóticos, desde onde lles resulta complicado deixarse notar aos máis sutiles aires minerais, enche o nariz desde os primeiros momentos ate un par de dias máis aló. Saboroso, cunha dozura equilibrada por unha axeitada, agradecida acidez, nunha medida xusta de apariencia xenerosa, ou cecais unha fresca e destacabel acidez equilibrada por unha agradecida dozura. Hoxe decantome pola primeira versión. Recordoume no remate certos finais amoscatelados dalguns albariños.

114190744034.jpg

8/06/08

One ResponseSchmitges to “”

  1. sommer sonne sonnenschein….