Garnacha & Calatayud

Contra o que tiña pensado desta zona vitivinícola a variedade de contrastes e alturas (dos 600 aos máis de 1000 m.) é evidente, nesta diversidade as garnachas máis vellas atopanse fundamentalmente en solos xistosos entre os 800 e os 1000 m. e nas serras de St. Cruz e na de Vicor. Calatayud é unha rexión montañosa situada no suroccidente da provincia de Zaragoza cunha xeografia entrecruzada de vales surcados polos rios Jalón, Jiloca e Perejiles. A Bodega y Viñedos del Jalón, que elabora unha gran variedade de viños entre eles estos dous, naceu da fusión de tres cooperativas coa sociedade do Goberno de Aragón e algunhas caixas de aforros. Da gran extensión de viñedo, máis de 1000 ha. e de outro tanto de viticultores, que controla esta bodega o final reducese todo a 200 ha. e igual número de viticultores, o que lles da a posibilidade de facer unha gran selección para os seus viños e vender o resto a granel.

calat.jpgcalatayud.jpg

As pinceladas que trazan estos viños falan de garnacha vella (60 anos de media), de 800 m. de altura (de media), de solos xistosos e de reducidas produccions (2000 kg por ha). No Pago San Miguel a garnacha vai acompañada do cabernet sauvignon cunha estancia en barrica de seis meses. p7190407.JPG

Viña Alarba Pago San Miguel 2004

Imaxen picota coa nitidez aromática do palo de regaliz, das fruitas negras, mora, das especias, craviño, e das flores azuis, lavanda, todo na mesma medida nun círculo pechado coa profundidade do mineral, con sensacions balsámicas o seu redor.

Entrada golosa que abre paso a un corpo de taninos redondos enmarcados nunha firme acidez. Queda unha sensación fresca cando todo apuntaba á concentración

p7190408.JPG

Castillo de Maluenda 2006. Garnacha viñas viejas

Cereixa picota bordeado en violeta. Aromas de ameixa e mora, o mesmo regaliz do seu irmán maior, especias medio doces, floral violeta, caracter mineral, todo mui limpo. Boca con peso e lonxitude despois dunha entrada limpa e antes dun final que deixa os recordos da fruita e do solo. Non se pode pedir máis, expresa e da todo con claridade e profundidade.

O prezo non ten calificativo: 8´25 e 3´95 euros !!

p7190409.JPG

11/06/08

Leave a Reply