Os Santorum

Primeira anada destos viños da adega Val De Iurres, situada no barrio de A Coroa en A Rua, elaborados por Cecilia Fernandez. Cecilia é a primeira enóloga de Valdeorras, como en Galiza non existe tal facultade realizou estos estudios na Facultade de Enoloxia da Universidade de La Rioja despois de rematar bioloxia en A Coruña. Coñecin a Cecilia na vendima do 2005 en Vilafranca do Bierzo, na adega de Ricardo Perez Palacios“Descendientes de J. Palacios´´, ela levaba xa uns cantos meses alí e ainda ficaria máis dun ano por esas terriñas, eu pasei un mes escaso dos que a primeira semana a miña residencia foi o seu solitario camping, os únicos inquilinos eran a miña tenda de campaña e un pequeno grupo de rumanos, despois desa semana e xa metidos de cheo na movida vendima pasei a compartir apartamento con ela, ate ese momento ia e viña todos os dias desde a Rua, non volvín a tomar tomates como aqueles que traia da Rua. Desexo pero tamén estou seguro que chegará lonxe, e algunha vez máis alá, cos seus viños.

Santorum Godello 2006
Manifestase, expresase con finura, untuoso pero vivo, coma un pomelo doce, fresco e sedoso, ensina desde os reflexos ouro fino do pallizo aromas de fruita de oso, un algo máis maduro e doce coma o mambrelo e algo máis perfumado como as herbas de tocador e no ambiente unha suave cremosidade.

pb020404.JPG pb020403.JPG

Santorum Tinto de autor 2006
Tinto elaborado maioritariamente con garnacha tintoreira procedente de vellas cepas das ladeiras da zona de A Rua que pasou seis meses nun coupaxe de barricas francesas, americanas, novas e de segundo uso. Primeiros pasos no mundo dos tintos dun adega nova nunha denominación demasiado decantada cara os brancos que necesita experiencias deste tipo para revitalizar os seus red wine. Este primeiro Santorum apelidado viño de autor despois dunha prudente aireación ensina unha fruita madura acompañada de especias negras con notas florais no intermezzo, logo un contrapunto balsámico, xa na boca unha notabel acidez acompaña un certo secante da madeira no trasfondo licoroso.

13/06/08

Os comentarios están pechados.