Barroca do Vale da Raposa

Noite de San Xoan a noite, apagaronse as lumeiras …

Esta noite máis rápido que outros anos, pero ainda fica pola mañan o seu arrecendo e o das herbas de San Xoan co frescor da nebliña no ambiente. Do que tomamos esta noite máxica e luminosa na que ademáis celebro o meu cumpreanos e do que tomaremos máis logo no xantar coa familia xa falarei. O Tinta Barroca da Quinta do Vale da Raposa de Alves de Sousa foi o viño deste domingo.

Tinta barroca, nome de vella resoancia, de cepa antiga, neste 1999 cos aromas que marca a evolución e o tempo decanta, da Quinta do Vale da Raposa, nome que neste tinto é menos animal e máis compota, figo, especias doces, coiro con tonos licorosos que saen por enriba, abrense logo as madeiras máis perfumadas con tabaco de pipa pero atención máis logo aparecen cogumelos, nestos contornos o máis fresco que atopamos son os cítricos escarchados.

Gusto marcado polo equilibrio que o tempo medido e a sabiduria dos antigos define, neste caso taninos madurados con carácter de Porto no recordo, na lonxitude fican os torrefactos con cacao.

p7300414.JPG

O productor Domingo Alves de Sousa é o protagonista do xiro na história das quintas familiares: Quinta da Gaivosa, Quinta do Vale da Raposa, Quinta das Caldas, Quinta da Estação e a Quinta da Avaleira, acompañado na elaboración dos viños polo xa casi omnipresente Anselmo Mendes do que xa teño falado, e desde os últimos anos do seu fillo Tiago. Chegou a ser proclamado os anos 1999 e 2006 Productor do ano, prestixiosa mención otorgada pola revista Vinhos.

gaivosa_view2.jpg

O seu centro enológico situase en St. Marta de Penaguiao, na Quinta da Gaivosa, lindante coa Quinta do Vale da Raposa, estamos falando do Baixo Corgo, a zona máis atlantica da denominación de orixen controlada Douro, seria a parte menos apreciada para os productores dos xenerosos Portos nas suas diferentes versions que ven situadas as viñas máis recoñecidas en Cima Corgo ou incluso con algunhas reputadas representacions no Douro Superior, pero que precisamente estas influencias atlánticas máis nítidas confirenlle, ou deberian, aos viños de Cima Corgo un algo diferente.

24/06/08

2 ResponsesBarroca do Vale da Raposa to “”

  1. Que sigas celebrando igual de ben o teu cumpreanos! Parabéns.

  2. Gracias moraiminha, por certo non supen do moraima ate hai poucos dias, que bonita idea.