Quinta Clarisa

As bicicletas, os brancos e os rosados … son para o verán ? … que chorrada de pregunta, o que si o son é unha ringleira interminavel de actividades que o meu pensamento, acostumado a anos de mestre e de estudante, e máis atrás toda a infancia e adolescencia, é dicir meses ó líbero albedrio, adicase nestos primeiros cheiros, cores e sensacions térmicas a procesar e proxectar viaxes, roteiros, nomes de cumes e de vias que ascender, de travesias que recorrer e de areais máis logo nos que co salitre na pel deitarse sen mirar o reloxio. Teño un amigo, potente escalador, que fixo o camiño laboral inverso ó meu, despois de rematar enxeñeria industrial e traballar uns poucos anos nunha empresa decidiu que un mes de vacacions, e daquela maneira, non pagaba a pena polo soldo que cobraba, imaxinense os que nos quedamos a anos luz desas minutas, e decidiu, desto hai xa uns cantos anos, preparar nun par de meses (!!) as oposicións e poder estar xa a estas alturas a uns centos de km. Luis mandame unha mensaxe !

clarisa-2.jpgClarisa é o nome dunha das fillas dos elaboradores deste Rosado do 2006, Belondrade y Lurton, actualmente Didier Belondrade porque a sua dona Lurton seica retornou a Borgoña, na zona de La Seca, das máis afamadas de Rueda, son máis coñecidos polos seus verdejos sobre todo polo madurado en carballo francés de etiqueta alaranxada co nome da adega, o outro é o Quinta Apolonia que é o nome da outra filla, algo menos polo seu tinto de Toro El Albar e muito menos por este Quinta Clarisa rosado de tinta fina con denominación Vino de la Tierra de Castilla y León.

Frescor, brillo acentuado pola luz que nestas alturas do ano inunda o contorno, cheira frutal, especiado e lixeiramente floral, coa intensidade que o calor ambiental e o frescor da copa modulan, coa madurez do esplendor, non, era co esplendor da madurez … por exemplo cando os campos de Castela, claro, rompen a sua monotonía cromática inundandose do amarelo das flores, dos marrons das especias, do vermello das fruitas e dos granates da sua cor, ben aqui teño dubidas sobre a presenza desta cor na paleta de cores dos Campos de Castela.

Entra fresco e sedoso, con certa lixeireza agradavel, para in crescendo rematar nun final amargoso coa cor que faltaba na paleta, o verde do vexetal.

29/06/08

Os comentarios están pechados.