Da Dehesa aos Tres Picos

Destino: Pirineos, excusa: Garnacha do Campo de Borja, parada: en Rubiales cun Prieto Picudo, final: un zoco na base do Atlas.
Cor escura e profundidade non penetravel pero cunha coroa que ilumina o seu perímetro con reflexos granates, xa en ruta o meu GPS neuronal coñecia dabondo o camiño e as referenzas que desde a banda [...]

Ribeiros na 3ª fase

Cando falamos do Ribeiro nos referimos a un conxunto de adegas cun nivel mui equilibrado que non defraudan, sen que nengunha delas destaque de xeito evidente, claro que cada un de nos ten as suas afinidades ou debilidades máis penso que recoñecendo a dificultade de sinalar grandes diferenzas, agás algunha excepción que se beneficia de [...]

O Pais dos mil viños

No dia do Pais dos mil viños das mil ribeiras, desde o Sil e o Bibei pasando polo Támega que vai ate o Douro como antes foi o Pais, do Cabe, do Arnoia e do Avia, do Ulla e do Umia, do pai Miño bañando denominacions, subzonas e viños da terra, do Barbanza, do futuro [...]

Páganos

Viñedos de Páganos, sei que non é a última creación dos Eguren pero si que está despois da primixenia Sierra Cantabria e do posterior Señorio de San Vicente, pero, hai algo máis?, algo debe haber, ademáis de colleitar tamén unha perda (Numanthia Thermes en Toro) que calquera lle chama perda cando supon envolsarse tamaña [...]

Verdes Matas

“viño das verdes matas
tí me crías
tí me matas
inclínasme ás mulleres
fás de min o que queres…
recitaban as xentes destes lugares das ribeiras sacras do Sil lucense. A adega Pena das Donas está en Pombeiro (Pantón) e alí o sacro remite ó [...]

L´Olivera

L´Olivera é unha cooperativa de traballo asociado e de iniciativa social, sen ánimo de lucro, situada en Vallbona de les Monges, no sur de Lleida, ate eiqui todo normal pero o que a fai diferente é que ten coma obxectivo a promoción persoal e social de persoas discapacitadas psíquicas con situacions sociais desfavorecidas e que [...]

Semana Rosada

Unha semana en solitario, con horarios imposibeis, salvando o tipo e recargando as baterias armonizando varias especialidades de sandwiches da pastelaria El Molino con diferentes versions de xugosas e saborosas saladas, todas e todos os dias aderezadas coa mesma parella de estimulantes acompañantes: o vinagre de cava de Agusti Torelló, fino e sutil, e [...]

Riesling no Camiño da Serpe

O martes tuvemos unha ocasión excepcional para degustar nestas latitudes un abano de viños apelidados riesling e de todas as zonas de Alemaña onde esta uva pontifica coa sua presenza na expresión das suas terriñas.
E todo gracias a Xoan Cannas, sempre co nariz presto atisbando no horizonte vitícola as illas onde as lumeiras da autenticidade [...]

Bertha

Bertha é da clase de viños escumosos, neste caso cava, de presenza e de maneiras elegantes, dos que non perden a compostura, non resultan pesados nin estridentes, en nengun dos seus momentos, desde unha vista limpa e brillante entre a finura das suas burbullas e o brillante dos seus reflexos e uns aromas de intensidade [...]

Benvido Baco

Bacche, Bene Venies

Benvido Baco,                                  Bacche, benevenies
amado e desexado,                         Gratus et optamus
con quen o nosos ánimo                 per quem noster animus
tanto se contenta                            fit letificatus
.
Velai os vasos rexios,                    hec sunt vasa regia,
espolio de Xerusalén                     quibus spoliatur
con quen se orna                           Ierusalem, et Babylon
a real Babilonia                             regalia ditatur
.
Cando Baco forte                        Bachus forte superans
conquista o corazón dos homes,       pectora virorum
os seus [...]

Máis cultura do viño!

O mundo do viño avanza sen pausa, de dez anos para hoxe nada é igual en Galiza e muito menos no resto da península ibérica: novas D.O. e novas indicacions xeográficas de viños da terra, no noso pais ademáis das indicacións de Viños da terra do Barbanza, Viños da terra do Val do Miño-Ourense [...]