Bertha
Bertha é da clase de viños escumosos, neste caso cava, de presenza e de maneiras elegantes, dos que non perden a compostura, non resultan pesados nin estridentes, en nengun dos seus momentos, desde unha vista limpa e brillante entre a finura das suas burbullas e o brillante dos seus reflexos e uns aromas de intensidade comedida pero co seu peso e complexidade, asi recordos de flores murchas, de palla seca, orellons, mel e as sensacions minerais máis frescas sucedense en armonia. No seu paso de boca non abandona as boas maneiras, elegante, sutil e claro de principio a fin.
O “truco´´ son fermentacions lentas, longas crianzas e afinada e apurada selección dos viños base, e claro produccións comedidas, esta bodega elabora 70 mil botellas para seis tipos diferentes de cavas. Este Bertha Gran Reserva brut nature elaborado con macabeu, xarel.lo e parellada ten unha crianza mínima de 36 meses en botella. Os 13 € do seu prezo tamén semellan comedidos.
8/07/08
Filed under: viños by viticologo
E onde o podemos mercar?
En Vigo na viñoteca Vinus & Brindis do C.C. A Laxe, noutras vilas non o sei.
Tomo nota… semella interesante, grazas…
Unha aperta…