Riesling no Camiño da Serpe

O martes tuvemos unha ocasión excepcional para degustar nestas latitudes un abano de viños apelidados riesling e de todas as zonas de Alemaña onde esta uva pontifica coa sua presenza na expresión das suas terriñas.

E todo gracias a Xoan Cannas, sempre co nariz presto atisbando no horizonte vitícola as illas onde as lumeiras da autenticidade resisten o paso dos séculos e tamén as illas que non se atopan nos mapas da uniformización pero que ahí estan, fora das rutas estandarizadas, agardando que algunha marea nos faga arribar ás suas viñas.

As naves que nos levarian nesta travesia foron ben seleccionadas e preparadas por Michael Wort, abertas dez dias antes!! e sufrindo polo medio un traslado desde Girona ate Sanxenxo, e todo para que a nosa viaxe non se afogara nas primeiras ondas de potencias primarias explosivas e puderamos chegar á profundidade e tan lonxe coma esta caste neses solos con ese clima e daqueles elaboradores ten reflexado xa nos seus extensos cadernos de bitácora.

A travesia foi longa, con diferentes etapas, a primeira delas adicada aos riesling secos básicos do 2007. Entre eles e desde o Rheingau, a zona máis norteña, o Georg Breuer Rideshein Estate , que se presentou floral, xazmin, e frutal, brancas e cítricos, co aire afumado que sinala á terriña.

Esta etapa tamén pasou polo Mosel co Grans-Fassian Mineralschiefer e por Pfalz co A. Christmann Riesling Pfalz, mui cítrico e floral, tamén do Palatinado o Dr. Burklin Wolf Ruppertsberger, solo de grava sedimentada, máis en todo, no mineral, nos aromas acuosos o transparentes e no paso graso en boca, rematando no Nahe con Hermann Donnhoff, riesling trocken, con ortigas, lima, piña verde e unha mineralidade equilibrada, integrada, escoitei algo asi como mui feminino…

Na seguinte etapa os portos tiñan máis desnivel, subimos primeiro ao Rheinhessen co Weingut Wittman Westhofener enfundados coa maglia do pomelo rosado, flores e xenxibre, de ritmo equilibrado, os seguintes portos báquicos viñan de Nahe empezando as primeiras rampas polo Emrich Schonleber Mineral que apareceu silvestre, incluso baias, e mineral, con pólvora, e no fondo a fruita, seguindo con Hermann Donnhoff Tonschiefer coas sensacions da ortiga, da lima e do mineral.

Xa no ecuador desta travesia, nalgun momento giro ou tour, deixamos o equilibrio entro o azucre e a acidez e nos adentramos nas sensacions un chisco máis golosas empezando polo Nahe co Emrich Schonleber Lenz, ou larciño (en cursi lugarcito) de primavera, pero eu tamén o diria despois de impregnar o nariz cos seus aromas, máis logo o Shubert´sche Maximin Grunhaus (Ruwer) e o Fritz Haag co que descubrin a manzana amarela.

Aumentando a forza da mareia doce cos Saar (Mosel) de Reichsgraf Von Kesselstatt Kabinett Scharzhofberger do 1997 e do 2002, buf! cansoume máis escreber este estrujen… que subir o Tourmalet hai uns cantos anos, primeiro este último con tomillo limoneiro, hinojo, menta e un ramo de flores nunha boca doce, graxa e fresca de final acuoso, pola sua banda o 1997 nos ensina a evolución lóxica no tempo coa marca dos hidrocarburos, uhmm! que arrecendos!, fruita almibarada e caramelo, en boca de toffe, ademáis dun corpo sedoso e leve pero ancho e longo, con lima azucrada.

No final da travesia unha recompensa a xeito de duas perlas, desde o Palatinado (Pfalz):

Dr Burklin Wolf Gerumpel R Auslese 1990 con unos increibeis reflexos verdosos acompañados de especias, eucalipto e dun caracter cítrico que se expresa todavia máis no gusto con paso graso. Esta claro que esta descripción neste viño quedoume inmensamente curta.

A traca final estruendosa, como dirian os irmaos do sul espantosa, semellaba dificil, máis foi, pletórica … donas e cabaleiros con vostedes, perdón foi con nos, o grande cru do 2001 do Dr. Burklin Wolf Pechstein. p8200484.JPG

Pechstein ven sendo unha peza de alquitrán, pedras naturais de basalto, negro, ou lava convertida en basalto, como máis nos guste, ou testa do volcán, este concello ten cinco pagos (terriñas) con este terreo, son os únicos no mundo con riesling sobre basalto. O de Burklin, Dr, é o pago máis cercano ó volcán, o máis alto por conseguinte dos cinco, o redore dos 1200-1800 m.

Cando chegou a nos levaba cinco dias aberto

Ondanada de profundidade e de mareas, luas e outros espazos-tempo, asi a todo con demasiado atrevimento resalto tres características, por unha banda os cítricos mui maduros, máis que zume pel, cáscara para secar, e pola outra os recordos de fruitos secos, máis que secos frescos, avelá verde e por enriba deles dous coma un golpe o alquitrán. O seu paso pola boca é de textura sedosa, veludo (terciopelo) arrastrando unha densidade gloriosa custodiada por unha recia acidez, firme. Retrogusto inmenso, fruita que dura e dura …

O final gardábanos unha solpresa cando, resignados, pensabamos que dificilmente teriamos outra oportunidade semellante, Michael Wort comunicounos que por outubro dariase unha outra volta polo camiño da serpe, cos viños claro, si, so faltan dous meses.

Gracias Maria Fechoria & Asociados Bos viños

10/07/08

Os comentarios están pechados.