Semana Rosada

Unha semana en solitario, con horarios imposibeis, salvando o tipo e recargando as baterias armonizando varias especialidades de sandwiches da pastelaria El Molino con diferentes versions de xugosas e saborosas saladas, todas e todos os dias aderezadas coa mesma parella de estimulantes acompañantes: o vinagre de cava de Agusti Torelló, fino e sutil, e o suave aceite de oliva Oli da D. O. Siurana de Viticultors Mas D´en Gil, Bellmunt del Priorat.

O último ingrediente deste acordo culinario semanal e veraniego como foi a temperatura ambiental non estuvo á altura desta época do ano. Este esceario foi o que rodeou e acompañou aos rosés, e viceversa.

Otto Bestué 2007 . Somontano elaborado con tempranillo e cabernet sauvignon. Presentouse no seu dia cunha cor rosa brillante e aromas de fresa ácida acompañada de frambuesa e cítricos con notas de mostaza en rama.

Enate 2007 Cabernet sauvignon, do Somontano, con destacabel estructura e paso redondo e goloso envolto en fruitos silvestres, guindas e especias.

Gran Caus 2006, clásico rosé do Penedés baseado na merlot cunha cor que tira para o cereixa, o máis cuberto de todos, con aromas de fruitos vermellos maduros, licor de guindas, kirstch, regaliz e herbas aromáticas, complexo pero con sensacions máis pesadas e maduras que deseguro sentarianlle mellor a un cordeiro, asados ou incluso un solomillo que ao monótono menú desta semana.

Roigenc 2007 syrah de Capafons Ossó no Montsant. Hai uns meses que tomara con gran pracer o 2006, estaba no seu momento, de entrada esta nova anada ten ascendido aos 15%, na anterior eran 14´5% e no 05 foran 14%, esto orixina unha clara predisposición psicolóxica, tranquilizoume un anaco, sen nengunha razón, o seu brillante rubí intensificado cos matices azulados e violáceos, algo más tranquilizador podian ser o frescor de certos aromas que recordaban ás herbas aromáticas, ao eucalipto, á oliveira e ao matorral, que unhas aspiracions despois se convertiron en sensacions máis pesadas de oliva e golosas de pasteliños de fresa. O final o seu paso de boca resultou cunha densidade cargada de potencia, como se largara lastre, máis cunha acidez que manten o tipo e máis alá. Non puiden deixar de soñar en algo máis especiado e picante, cecais un osobuco ou incluso un arroz con percebes, anque fora un queixo de ovella ben curado.

Muga 2007. Riojano das bodegas do mesmo nome elaborado con tempranillo, garnacha e viura. Cor rosa suave asalmonada, suaves aromas afruitados mui frescos e cremosos tamén suaves, unha combinación que recorda a un fresco xelado de frambuesa, suave, asi a todo o máis sorprendente é o seu gusto, fresco, cunha excelente acidez, saboroso e longo que anima aos grolos.

bestue_0020_rosado_m.gifenate.jpgroigenc_140.jpggran-caus.gifmuga.jpg

14/07/08

Os comentarios están pechados.