L´Olivera

L´Olivera é unha cooperativa de traballo asociado e de iniciativa social, sen ánimo de lucro, situada en Vallbona de les Monges, no sur de Lleida, ate eiqui todo normal pero o que a fai diferente é que ten coma obxectivo a promoción persoal e social de persoas discapacitadas psíquicas con situacions sociais desfavorecidas e que o fan no mundo da vitivinicultura. Cultivan, na comarca de L´Urgell e na subzona de Les Valls del Riucorb da D. O. Costers del Segre, as variedades macabeu, parellada e chardonnay nunha antiga parcela do Monestir de St. Maria, en plena ruta do Císter, co que elo significaba no desenvolvemento vitivinícola dunha zona. Tamén elaboran un aceite de oliva da variedade arbequina. Identificanse cos principios que se propoñen desde a agricultura pagesa que entre outros son: repartir os volumes de producción e non concentrar, ser solidarios cos outros pagesos, respectar a natureza, asegurar a calidade gustativa e sanitaria, …

Dedico este viño cun profundo grolo e con todos os meus mellores desexos a todos os amigos que, con paisón e amor e disfrutando co seu traballo, laboran en Special Olimpics Galicia e en calquera das diferentes entidades que por todo o pais se dedican á promoción e integración destas persoas no traballo, no ocio, no deporte, etc., a maioria das veces con situacions laborais penosas e mediante talleres monótonos e nada motivantes. Ocurrenseme poucas actividades máis motivantes que esta que desenrolan os da Olivera, porqué será?, variadas, cada estación do ano ten a sua laboura, fructíferas e satisfactorias, cunha gran recompensa, aquelo que se perde na historia.

Missenyora 2006

Elaboran seis tipos de viños brancos coas tres variedades e con diferentes métodos de vinificación. O Missenyora é un monovarietal de macabeu que fermenta en barrica nova de carballo americano cunha crianza posterior de seis meses coas suas lias. Destaca polo seu toque abocado e pola marca da madeira misturada cos matices cremosos e a fruita amarela, tamén ten un punto floral e un fondo compotado. Ese carácter abocado define o seu paso docificado acompañado dun corpo lixeiramente graso pero con final amargoso.

missenyora.jpg

16/07/08

Os comentarios están pechados.