Verdes Matas
“viño das verdes matas
tí me crías
tí me matas
inclínasme ás mulleres
fás de min o que queres…
recitaban as xentes destes lugares das ribeiras sacras do Sil lucense. A adega Pena das Donas está en Pombeiro (Pantón) e alí o sacro remite ó mosteiro de San Vicente de Pombeiro que os monxes alzaron no século XII entre os antigos bancais de viñas de Cabreira e Retrotoiro.
Brilla nun granate que descansa cereixa e hoxe camiña entre un mato vexetal con fruitos negros que as violetas adornan co xisto recordando que a sua presenza foi anterior a todo, no aire quente do ambiente aparecen os torrados invitando a un grolo que nestas terras TEN que ser fresco, que anime a outro e asi ate que o futuro se pinte coma este viño con peso pero equilibrado co carácter de nos e tamén fruita e flores e a terriña.
A versión mexicana do proverbio galego referida ó tequila e á sua verde orixen o ágave di:
“Aqua de las verdes matas tu me tumbas tu me matas tu me haces andar a gatas con la cola entre las patas.”
19/07/08
Filed under: viños by viticologo
Leave a Reply