Páganos

Viñedos de Páganos, sei que non é a última creación dos Eguren pero si que está despois da primixenia Sierra Cantabria e do posterior Señorio de San Vicente, pero, hai algo máis?, algo debe haber, ademáis de colleitar tamén unha perda (Numanthia Thermes en Toro) que calquera lle chama perda cando supon envolsarse tamaña cantidade de euros. Páganos e os seus viñedos son rioxa alavesa, Laguardia, e os viños que elabora esta adega son El Puntido e La Nieta. Mentres que no San Vicente, da Sonsierra rioxana, notase unha evolución desde a primeira anada que eu provei, a 1994, e que realmente era a segunda, cun gusto que muitos non asociaban a rioxa, ate a última do 2005 no sentido da concentración e a potencia cara a un algo máis elegante, incluso fresco (!), non, máis ben a unha potencia máis diluida, que para o fresco xa está o atlántico puro, non o de refilón, pero o que queria dicir era que estos viños de Páganos nacen con outra vocación, a forma da botella dá algunha pista, como seria empezar por ese camiño ao que o San Vicente ten chegado despois de dez anos, realmente un arranque máis acentuado na búsqueda da elegancia. En fin nunha familia de viños marcados pola concentración e rodeada da madeira estos de Páganos son os fillos que se marchan de casa a buscaren outras experiencias.

La Nieta 2006 Do viñedo La Nieta de1’75 h. que según parece ten un solo composto de arenisca e caliza onde están inseridas, como “clavadas´´, as cepas. Pasou 18 meses en barricas novas de carballo francés. Os 90 € que nos pedirán por él o converten nun dos viños que te limitas a provar en catas, presentacions ou acontecimentos semellantes. O mellor coa firma Eguren.

nieta05_bot_1_jpg.jpg

Cor viva, radiante na sua profundidade picota cercada de violeta. Nariz fresca, mineral, balsámica, lixeiramente especiada con fruita negra fresca e baias, entra fresco pero enseguida pasa a arrastrarse cun paso de boca lento, a modo, mantendose con densidade e profundidade, tamén na distancia.

El Puntido 2005 Do viñedo de 25 hectáreas co mesmo nome. Despois 18 meses en barrica nova e francesa, de carballo. Sobre os 36€, na franxa que se che gusta especialmente o viño podes chegar a permitirte tal pracer, algunha vez.

puntido.jpg

Picota que deixa mui pouca aureola, sigue escondendose e tarda en abrirse, e por si era pouco cando o fai trae un caracter negro nas cores dos seus aromas, fruitas como a zarza…mora logo algo máis vermello, mineral de mina de lápiz logo iodados. Na boca deixa un rasto no seu paso, coma un pouso, misturado coa sensación de golosidade.

23/07/08

Os comentarios están pechados.