O Pais dos mil viños

No dia do Pais dos mil viños das mil ribeiras, desde o Sil e o Bibei pasando polo Támega que vai ate o Douro como antes foi o Pais, do Cabe, do Arnoia e do Avia, do Ulla e do Umia, do pai Miño bañando denominacions, subzonas e viños da terra, do Barbanza, do futuro norteño betanceiro, viños de Rias, viños de mar, das mil castes que florecen en mil terriñas cos seus nomes agarimosos trasladando o frescor sensual destes pedaciños de chan coma unha caricia en cada grolo con mil aires desde os que entran no mencer berciano ate os máis húmidos do solpor atlántico.

Mil viños máis para este Pais, e mil primaveras máis, floridas e ventureiras, para os seus viños.

25 Xullo 2008

Os comentarios están pechados.